Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 03 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
VAL MIÑOR

A Xunta convoca os titulares dos terreos necesarios para a mellora da seguridade viaria na PO-552

Os propietarios das fincas deberán acudir á Casa do Concello de Nigrán, das 10.00 ás 11.30 horas, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e mobilidade, a través da Axencia Galega de infraestruturas, convoca o vindeiro día 13 de setembro os titulares dos terreos necesarios para executar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís, nos Concellos de Nigrán e Baiona.


Os propietarios das fincas deberán acudir á Casa do Concello de Nigrán o citado día, das 10.00 ás 11.30 horas, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. No seguinte enlace pódese consultar á información: http://xurl.es/2iitp


Esta intervención dispón dun investimento autonómico superior aos 318.000 euros e foron adxudicada á empresa Construcciones Taboada y Ramos.


Trátase dunha actuación que define a execución dos traballos de mellora da seguridade viaria e a eliminación dun treito cualificado como “punto negro” no tramo da estrada Vigo-Tui, comprendido entre os  puntos quilométricos 10+740 e 13+440.


A intervención consistirá na mellora de interseccións nas que se produce unha maior parte dos accidentes neste tramo. Executaranse cambios de sentido e habilitaranse carrís centrais de espera para facilitar os xiros á esquerda nas interseccións que teñen suficiente visibilidade, e reordenaranse os xiros naquelas interseccións que non teñen a visibilidade necesaria para garantir os xiros nas desexables condicións de seguridade.

 

 

 

 

Construirase unha glorieta na rúa Rans, mellorarase a intersección co camiño Carballal e reordenarase o cruce coas rúas Cruceiro e Sarmiento

 

 

 


Máis en concreto, executarase unha semiglorieta na intersección do punto quilométrico 10+740, para facilitar os cambios de sentido, e unha  nova glorieta no punto quilométrico 11+150, que se corresponde coa rúa Rans.
Tamén se mellorará a intersección existente no punto quilométrico 11+500 co camiño Carballal, coa execución dun carril central de espera e semiglorieta, e se reordenará a intersección coas rúas Cruceiro e Sarmiento, coa execución dun carril central de espera.


Ademais executaranse tramos de beirarrúas complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo para facilitar a súa percepción. Instalaranse balizas entre os puntos quilométricos 13+180 e 13+440, para evitar o estacionamento indebido en varios accesos situados na marxe esquerda na Avenida Foz do Miñor, que reducen a súa visibilidade.


Cómpre destacar que a Xunta ten incorporado a este proxecto as achegas dos veciños desta contorna. Así, por exemplo, no outono, en paralelo a esta obra, se vai acometer unha mellora de seguridade para peóns na intersección da PO-552 co ramal da AG-57, de modo que se facilite o tránsito polas marxes da vía e se facilite o cruce.


Ademais, seguindo a petición dos veciños, a glorieta do punto quilométrico 12+350, na intersección coa rúa Valle Inclán, vaise axustar na súa execución para reducir a afección, de xeito que non interrompa o acceso ao Camiño das Barreiras.


Estas obras están enmarcadas na estratexia da Xunta para ter eliminados en 2020 todos os treitos de concentración de accidentes nas vías autonómicas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.