Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 02 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A gran festa da mocidade mosense logra o éxito na súa primeira edición

Esta mañá o concelleiro de Mocidade, Leo Costas, fixo balance da Holi Party e do Festival Moseando, que tiveron lugar o pasado sábado 31 de agosto. “Estou moi satisfeito do éxito acadado nesta primeira gran festa da mocidade mosense, o ambiente foi excelente e o índice de afluencia de público moi bo, a pesar de tratarse da primeira edición; pola tarde na Holi Party participaron unhas 300 persoas e xa pola noite, no Festival Moseando, a cifra de asistentes achegouse aos 400”, declarou Costas, quen asegurou que seguirá “apostando por este evento no os participantes disfrutaron enormemente de horas de música e diversión, de xeito que a intención dende o Concello de Mos é a de darlle continuidade a un acto que queremos se convirta en referente na axenda da programación municipal anual para a xuventude”.


Ambos eventos celebráronse na contorna do Multiusos das Pozas, a Holi Party a partir das 18.00 horas e o Festival Mosendo a partir das 23.00 horas. Os dous tiñan entrada libre e de balde.


Ambas iniciativas, dirixidas á xuventude mosense, foron promovidas e financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) e polo Xacobeo 2021; e organizadas polo Concello de Mos.


Para a Holi Party os participantes debían ir de branco. A festa estivo amenizada musicalmente polos Dj’s Xoel Muñoz e Juanma López.


A multitudinaria festa dos pos de cores chegou a Mos o pasado sábado e todos os asistentes puideron gozar da fusión da música e a cor nunha tarde moi especial. Os pos de cores voaron cubrindo aos asistentes e ás súas vestimentas brancas, inundando de colorido os exteriores do Multiusos.


A continuación, a partir das 23.00 horas, chegou o Festival Moseando con Brokktt como cabeza de cartel. O seu verdadeiro nome é Carlos Lago, pero artisticamente coñéceselle como Brokktt Skinny Boy. Este artista empezou no rap underground fai catro anos e agora é un dos creadores emerxentes máis potentes do movemento trap en Galicia. Actuou en sitios como a Discoteca Anubis con intérpretes como Kidd Keo, no Festival Perreo Party da Discoteca Queen, na discoteca Licuore de Tui, No Mariña Fest de Marín ou na Pool Party para blacklips en Vigo. “Pra Pum Pa“, canción na que colabora con Cristian Yennia e Alberto Malleiro, supera as 12.000 visitas tanto en Youtube como en Spotify.


Completaron o cartel do Festival os Dj’s Traffic House, Enter, Gabri Domínguez e o mosense Fergwell.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.