Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 02 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva adxudica o contrato para mellorar as instalacións do CAAN

Crearase unha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, remodelarase a zona de corentena e a de hospitalización e mellorarase o espazo de clínica

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do contrato para a posta en marcha de actuacións de mellora no Centro de Acollida de Animais (CAAN) de Meis por valor de 293.627,90 euros. Tal e como explicou a presidenta provincial, a empresa Prace encargarase de executar durante cinco meses o proxecto que abrangue a creación dunha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, a remodelación da zona de corentena e hospitalización e a mellora do espazo de clínica para adecuar o CAAN á Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

 

En liñas xerais, Carmela Silva explicou que se entregan en adopción unha media de dous cans diarios que precisan dez días de media para recuperarse. “Neste eido é preciso adaptar o espazo actual que permite atender a 12 animais para dar cabida a 20 cans”, asegurou a presidenta. Ademais, en canto á zona de corentena e recepción de animais, tal e como informou Silva, “crearase unha nova, formada por cubículos individuais confortables que permitirán aos animais recollidos pasar un período de corentena maior, garantindo a sanidade do centro e o benestar animal”.

 

 

 

 

Carmela Silva visitará proximamente o CAAN para presentar a nova campaña para previr abandonos e fomentar adopcións, esterilizacións e o sistema de microchips

 

 

 

 

No que respecta á zona de atención e mantemento de cachorros, a través das melloras que se van acometer no CAAN vaise crear unha nova zona de maternidade, “máis ampla e cunhas condicións hixiénicas óptimas que favoreza, ademais, a visita do público e permita a interacción entre animais e persoas”, detallou a presidenta. Finalmente, en canto á zona de esparexemento, acondicionarase un novo espazo onde os cans poidan realizar actividade física, socializar e interactuar coas persoas que acudan ao centro.

 

A presidenta da Deputación destacou que “cada vez hai unha maior conciencia do bo trato aos animais pero tristemente moita xente abandona aos cans. Por iso a través deste centro de acollida de animais prestamos un servizo fundamental”. Neste eido, Carmela Silva informou que proximamente visitará as instalacións do CAAN en Meis, onde dará a coñecer a nova campaña que ten por obxectivo prever abandonos, fomentar as adopcións, as esterilizacións e o sistema de microchips para facilitar a identificación dos animais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.