GALICIA
Feijóo incide na necesidade de que o Goberno Central garanta unha estabilidade ao naval
Recorda tamén que da súa man está ademais a aprobación da ampliación de 90 a 200 millóns de euros das compensacións dos gastos indirectos de CO2 que prometeu e que aínda non se produciu
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe na necesidade de que o Goberno central garanta unha estabilidade ao sector que permita manter a actividade de Alcoa e os postos de traballo de toda a plantilla.
Durante unha xuntanza este mediodía co presidente de Alcoa, Álvaro Dorado, Feijóo urxiu, unha vez máis, ao Executivo de Pedro Sánchez que asuma a súa responsabilidade e aprobe o estatuto útil que prometeu para garantir un marco normativo que faga máis seguro e competitivo o territorio español para este tipo de industrias. Non en van, subliñou que o gasto de Alcoa en enerxía supón máis do 40% dos custos totais da produción, moi superior a outras fábricas de Europa, dado que o prezo do megavatio hora subiu un 50% nos dous últimos anos.
Así mesmo, recordou que da súa man está ademais a aprobación da ampliación de 90 a 200 millóns de euros das compensacións dos gastos indirectos de CO2 que prometeu e que aínda non se produciu.
Traslada a confianza de que a anunciada visita da ministra de Industria á factoría de Alcoa San Cibrao sirva para definir o estatuto do consumidor electrointensivo suficiente para garantir un prezo competitivo, garantindo unha resposta aos traballadores da fábrica, así como ao cómputo da industria electrointensiva galega, que abastece a máis de 5.000 familias
Diante desta situación, o responsable do Goberno galego trasladou ao longo da xuntanza a confianza de que a anunciada visita da ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, á factoría de Alcoa San Cibrao sirva para definir o contido do borrador do Estatuto do consumidor electrointensivo suficiente para garantir un prezo competitivo, garantindo unha resposta aos traballadores de Alcoa San Cibrao e a Parter na Coruña, así como ao cómputo da industria electrointensiva galega, que abastece a máis de 5.000 familias.
Pola súa banda, Feijóo reiterou que a Xunta seguirá ofrecendo o seu máximo apoio aos traballadores e poñéndose, como fixo ata o de agora, a disposición das empresas, sempre cunha prioridade: garantir o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da actividade industrial.
Como proba deste compromiso, o presidente do Executivo galego avanzou na xuntanza que o vindeiro xoves reunirase co comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171