PROVINCIA
Carmela Silva destaca o éxito de “DepoAventura 2019” que espallou os principios de "igualdade"
“Maruxa, a curuxa” foi elixida mascota oficial dos campamentos deste ano entre as once seleccionadas polos participantes no programa
A elección da mascota de DepoAventura 2019 marcou este venres o remate do programa de verán da Deputación de Pontevedra, que volveu a acadar un éxito de participación, cun total de 2.199 rapazas e rapaces de entre 8 e 13 anos da provincia que tomaron parte nas actividades iniciadas o 23 de xuño e que finalizarán este sábado, 7 de setembro.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou no balance que este ano, como principal novidade, institución provincial espallou neste programa os principios de igualdade, dentro “da forma de entender os campamentos desta institución”. Así, en todas as actividades usouse linguaxe inclusiva e se traballou para dar visibilidade ás mulleres dos distintos ámbitos profesionais máis asociados aos homes, como as profesións técnicas, co obxecto de poñer en valor o papel daquelas que lograron e logran fitos importantes neses ámbitos. “Hai moitas mulleres aportando moitísimo a todo o que ten que ver coa tecnoloxía, apuntou a presidenta- e a innovación. Polo tanto, hai que darlles visibilidade para que as rapazas e rapaces coñezan a esas mulleres”. A oferta do programa garantiu ademais, a participación paritaria de xénero e prestouse especial atención, ademais da linguaxe inclusiva, á realización de actividades lúdicas cun obxectivo educativo en prol da igualdade de xénero.
Por outra banda, en cada unha das quendas celebrouse unha actividade de sensibilización sobre a xordocegueira coa Organización de Xordos de Galicia (XOGA), para tratar de dar maior visibilidade á realidade que viven as persoas que a padecen e a cuestións como a linguaxe de signos. “Os rapaces e rapazas deben aprender a asumir que hai outras formas de comunicación e todos e todas deberemos tentar coñecelas –dixo a presidenta-. Está moi ben que falemos en inglés, chinés o ruso, pero tamén que esteamos abertos a cambios de mentalidade que nos permitan asumir que todas as persoas que viven na nosa contorna temos os mesmos dereitos e diferentes formas de comunicarnos, e que teñen que estar no sistema educativo”.
Este ano presentáronse un total de 3.713 solicitudes para os campamentos, cuxas prazas decidíronse por sorteo. En cada unha das once quendas (unha por semana) participaron 200 nenos e nenas, que durmiron nas 50 tendas de campaña do Centro de Vacacións da Lanzada, e contaron cun en réxime de manutención completa, os materiais para as actividades, un equipo técnico especializado en animación cultural, atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes. A presidenta da Deputación destacou que ao longo de cada semana, a cativada desfrutou dun programa de actividades de convivencia, náuticas, medioambientais e algunhas en lingua inglesa, co obxectivo de contribuír ao seu enriquecemento persoal e facilitarlles coñecer outras linguas e experiencias fóra da súa contorna habitual. “Neste senso –engadiu Carmela Silva-, os campamentos da institución provincial están orientados á consecución de hábitos saudables, ao fomento de actitudes solidarias e de convivencia, á promoción da educación e da igualdade de xénero e ao fomento do respecto ao medio ambiente”.
Do total das prazas, a Deputación reservou 315 para que familias en situación de risco e exclusión social puidesen asistir aos campamentos de xeito gratuíto. Silva indicou que participaron nenos e nenas de toda a provincia, agás dos concellos de Dozón e A Lama, que non o solicitaron. Por outra banda, a presidenta destacou o feito de que o programa contempla unha alimentación adaptada en caso de que algún dos menores presente algunha circunstancia, así como unha atención personalizada durante 24 horas para aqueles con diversidade funcional, co fin de atender as súas necesidades e tamén a súa inclusión no programa. “Permitimos e favorecemos que calquera neno da provincia poida participar”, destacou.
Mascota DepoAventura 2019
O deputado provincial Carlos López Font foi o encargado de dar a coñecer no acto de remate de DepoAventura 2019 celebrado no Centro de Vacacións da Lanzada a mascota oficial destes campamentos, elixida entre as once seleccionadas polos propios participantes de entre as realizadas nas distintas once quendas de DepoAventura. A gañadora foi “Maruxa, a curuxa”, da quenda número 5, que será a imaxe dos campamentos para o vindeiro ano. No xurado participaron a deputada provincial Ana Laura Iglesias e o alcalde do Grove, José Cacabelos

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217