TUI
Entréganse os primeiros corenta e un composteiros individuaisen Tui
Ao abeiro do Plan Revitaliza distribuiranse un total de 81 COINEX
Xa se entregaron os corenta e un primeiros composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, que reparte o Concello de Tui dentro do plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, entre aqueles veciños que así o solicitaron.
A semana pasada realizouse unha primeira entrega dos composteiros, recibindo os veciños e veciñas beneficiarios unha charla sobre o uso do composteiro a cargo da mestra composteira. Asistiron ao acto no Centro de Formación en Guillarei o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz.
Nas próximas semanas realizarase unha segunda entrega até completar o total de 81 composteiros dispoñibles. Unha vez superarada esta cifra crearase unha lista de agarda cos novas solicitudes que se vaian recibindo.
Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un anos.
Durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163