Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Lunes, 09 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas acolle en setembro novos obradoiros formativos para a mocidade

A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, informa que está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros formativos “Técnicas de busca de emprego, a entrevista de traballo e o currículo” e “Mocidade creativa e marca persoal”.

 

Ámbolos dous obradoiros serán de balde e desenvolveránse na sala multiusos do auditorio municipal.
Os e as interesadas deberán dirixirse á OMIX que se atopa na biblioteca municipal ou contactar no número de teléfono 986 66 07 65.

 

[Img #56082]O horario do obradoiro de “Técnicas de busca de emprego” terá lugar o martes 10, o xoves 12 e o venres 13 de 17 a 21 horas e o obradoiro de “Mocidade creativa e marca persoal” será o martes 17, o venres 20, o martes 24 e o xoves 26 de 17 a 21 horas.

 

Miguel Bouzó suliña a importancia de ofrecer á mocidade ferramentas que promovan a  súa proxección persoal e completen a formación regrada facilitando a inserción laboral.

 

O primeiro dos obradoiros pretenden ensinar determinadas técnicas e pasos útiles no proceso de busca de emprego, dende o autocoñecemento das propias capacidades e habilidades ata a entrevista de traballo, pasando pola confección do currículo.

 

Tendo en conta o elevado índice de paro, consideramos importante que a mocidade dispoña dunhas habilidades e técnicas que lles faciliten o proceso de busca de emprego, e que lles axude a que ésta sexa o máis efectiva posible.

 

Os obxectivos son mellorar a autoestima e o autocoñecemento das persoas participantes, aumentar o seu nivel de motivación, adquirir coñecementos útiles e prácticos que lles axuden na procura de emprego e favorecer o autocoñecemento e a análise das propias capacidades, habilidades e limitacións así como dominar determinadas cuestión relativas á busca de emprego como son a elaboración do currículo, a carta de presentación ou a entrevista persoal.

 

No caso do obradoiro para crear a túa marca persoal buscarán facilitar ferramentas para capacitar á mocidade na creación de proxectos, na elaboración de itinerarios que lles sirvan tanto para desempeñar eficazmente a súa profesión como para abordar cuestións cotiás da vida persoal.

 

Outra finalidade que persegue é potenciar unha actitude emprendedora e resolutiva ante os problemas e os obstáculos que se lles poidan presentar.

 

Entre os obxectivos está fomentar o autocoñecemento, mellorar o autoconcepto e autoestima das persoas participantes, facilitar á incorporación ao mercado laboral, promover á creatividade a hora do deseño de proxectos profesionais e persoais, contribuír á toma de conciencia das habilidades e talentos persoais de cada participante e fomentar a resiliencia.

 

Ademais, dotará de ferramentas e habilidades que faciliten a incorporación ao mercado laboral, creará unha marca persoal deseñada por cada participante, tentará superar as crenzas tóxicas para acadar metas e obxectivos e deseñará o traballo ideal de cada unha das persoas asistentes ao curso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.