NIGRÁN
A Xunta lembra que a maior parte das obras na estrada Gondomar-A Ramallosa levan meses en servizo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que inviste nas obras 3,2 millóns de euros, mantén activas as xestións para que as empresas de servizos afectados faciliten canto antes o remate dos traballos
A Xunta de Galicia salienta que a maior parte dos traballos que estaban previstos na estrada autonómica entre Gondomar e A Ramallosa están concluídos e os seus resultados xa en servizo. Os veciños e visitantes da zona veñen beneficiándose desde hai meses dunha mellora substancial da seguridade viaria nese treito de case 4 quilómetros da PO-340, no que a Xunta inviste 3,2 millóns de euros.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como responsable da actuación mantén activas as xestións necesarias coas empresas de servizos afectados responsables para que faciliten canto antes a finalización dos traballos. Como é habitual nas obras públicas impulsadas por calquera administración, no caso da PO-304, a finalización está pendente da retirada e retranqueo de varios postes, para, fundamentalmente, pór en servizo a glorieta prevista.
O Goberno galego solicítalle ao alcalde de Gondomar que facilite os investimentos da Administración autonómica no municipio, tras as dificultades atopadas coas obras de saneamento, o retraso nas acometidas do centro de saúde e as trabas ás obras de seguridade viaria previstas na PO-301
A Xunta solicítalle ao alcalde de Gondomar que asuma as súas propias responsabilidades e centre os seus esforzos en facilitar os investimentos da Administración autonómica no seu municipio, que atopan de cote dificultades, como aconteceu coas obras de saneamento anuladas, o retraso nas acometidas do centro de saúde construído polo Goberno galego ou as trabas ás obras de seguridade viaria na PO-301.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103