Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Nova iluminación de baixo consumo nas pistas de tenis da Freixa

Este sistema de iluminación reduce as emisións de CO2 e permite un aforro económico

Os e as tenistas da última edición do Torneo de Tenis organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración co concello estrearon a nova instalación lumínica instalada polo concello de Ponteareas nas pistas de tenis da Freixa.


En consonancia coas liñas marcadas na estratexia de crecemento “Ponteareas, Hábitat Saudable”  o concello aposta pola eficiencia enerxética mediante a instalación de proxectores led de baixo consumo e de alto rendemento (maiores do 70%) de última xeración  con elevada vida útil fronte a outras tecnoloxías.


A obra, convocada a través dun proceso de libre concurrencia,  foi realizada por unha empresa local e contou co financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun custe total de 21.586,78 € (ive incluído).
Con esta instalación contribúese a  un aforro nas emisións de gases invernadoiro CO2 e un aforro económico do que será beneficiaria o conxunto da sociedade.


Os  leds contan cun conector para a súa doada reposición de forma independente con máxima precisión óptica e de deseño compacto totalmente encapsulado, protexidos para cortocircuito e circuíto aberto.


Para a súa instalación foron precisos distintos traballos de aperturas de gabias no terreo para colocar as canalizacións, as tomas de terra e as arquetas de electricidade, entre outras labores para proceder despois á  reposición do pavimento.


Esta instalación xa foi desfrutada no recente campionato de tenis recibindo o concello o agradecemento do club que lle trasladou que grazas a este investimento se puido ampliar os horarios dos partidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.