Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 16 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Veciños de A Vaquería anuncian alegacións contra a reforma da PO-510

Unha comisión de veciños do barrio de A Vaquería entrevistaronse coa alcaldesa Eva García para trasladarlle a súa inquedanza ante a previsible inclusión de dúas rotondas no proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-510. A reforma da  travesía deste vial por este barrio de Budiño é unha vella demanda da veciñanza que reivindicou a súa execución mediante manifestacións e cortes de tráfico ata que, coa intervención da alcaldesa de Porriño, estableceuse unha canle de diálogo coa Xunta de Galicia. No pasado mes de xullo, despois dunha carta de Eva García á Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestructuras, alcaldesa e vecinos de A Vaquería entrevistaronse en Vigo con Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestructuras.


Nesa reunión acadouse o acordo que a Xunta de Galicia ten de prazo ata o 11 de outubro para presentar o proxecto de mellora da seguridade viaria.


Sen embargo os veciños de A Vaquería temen que a fórmula para apaciguar o tráfico sexan rotondas no canto de isletas como eles demandan e adiantan a súa intención de presentar alegacións.


Pola súa banda a alcaldesa ofreceu ós representantes de A Vaquería solicitar o asesoramento dun enxeñeiro de Camiños para coñecer a viabilidade da demanda veciñal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.