Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 12 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación finaliza en Silleda as campañas sustentables para o control da Acacia

A institución provincial desenvolveu esta iniciativa en colaboración coa Federación Galega de Medio Ambiente e a Asociación Sectorial Forestal Galega

A Deputación de Pontevedra pechou esta semana en Silleda as campañas que, enmarcadas nas políticas de sustentabilidade e medio ambiente cara a transición ecolóxica, desenvolveu este verán para o control da mimosa (acacia dealbata L.) e a promoción do cultivo dos froitos de bosque, en colaboración coa Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA).

 

Desde a posta en marcha das campañas no pasado mes de agosto, o stand informativo da Deputación visitou as localidades de Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Caldas de Reis, Cambados, As Neves, Nigrán, Lalín, Forcarei e Catoira, para rematar hoxe en Silleda. A deputada provincial Iria Lamas visitou nesta última cita na localidade dezana o posto informativo das campañas, onde o persoal ofreceu ao público atención especializada e repartiu dípticos e información relevante sobre estes temas, que tamén se puideron visualizar nos paneis informativos.

 

A institución provincial dedicou 37.000 euros ao convenio con FEGAMA para a sensibilización contra a acacia. O obxectivo da campaña era non só informar á poboación sobre os efectos das especies exóticas invasoras na biodiversidade, servizos, ecosistemas, infraestruturas e a saúde, senón tamén espertar o interese a propietarios forestais particulares e das Comunidades de Montes en Man Común para a prevención e control desta especie. A acacia dealbata L., coñecida como mimosa, acacia ou acacia francesa, é unha ameaza para os ecosistemas, hábitats e especies, especialmente na provincia pontevedresa. A árbore transforma o hábitat con gran rapidez, impedindo a rexeneración da vexetación natural destruída, sobre todo despois dos incendios forestais.

 

Por outra banda, o convenio con ASEFOGA tiña como obxecto impulsar o cultivo sustentable dos froitos do bosque en terras abandonadas. A Deputación destinou 36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento dos froitos do bosque (moras, arandos ou framboesas) e facer fincapé na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e forestais en desuso.


 
Este programa estaba dirixido ás persoas emprendedoras do sector agroforestal e tamén á poboación en xeral, tanto á do medio urbano como o rural, posto que o aproveitamento agrario do solo é unha estratexia valiosa contra os incendios, mellora a calidade da paisaxe, a riqueza de especies animais e vexetais, ao mesmo tempo que fomenta a creación de emprego no rural.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.