MOS
Tempo de Lecer abre o prazo de inscrición para as asociacións
Este curso a Secretaría Xeral da Igualdade subvenciona o programa municipal que incluirá un módulo sobre igualdade e prevención da violencia de xénero conmemorando o vindeiro Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro
Esta semana celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos unha reunión con representantes de todas as asociacións mosenses que participan no programa municipal Tempo de Lecer, xunto coa concelleira de Participación Cidadá mosense, Begoña Toucedo, a edil de Educación e Formación, Julia Loureiro, e a de Política Social, Igualdade e Cultura, Sara Cebreiro.
A xuntanza tiña por obxecto presentar a nova edición do programa Tempo de Lecer, e informar da apertura do prazo de inscrición para as asociacións; así como das novidades deste ano, referentes ao enfoque en materia de igualdade. E é que nesta ocasión o programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que dirixe Susana López Abella.
As novidades consisten na organización dun obradoiro sobre igualdade e prevención da violencia de xénero común para todas as asociacións participantes e que se impartirá para conmemorar o vindeiro Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro, e na discriminación positiva en favor das mulleres á hora de asignar as prazas dispoñibles nos cursos. Ata o de agora a porcentaxe de mulleres usuarias nos cursos das anteriores edicións de Tempo de Lecer sempre representou o 80%.
Unha vez aberto o prazo de inscrición para as asociacións do municipio de Mos que queiran participar no programa Tempo de Lecer 2019-2020 e impartir nos seus locais sociais cursos dos que se ofertan dende esta iniciativa promovida e organizada polo Concello, estas xa poden solicitar formalmente o curso ou cursos nos que están interesadas a través da Sede Electrónica do Concello de Mos.
Os cursos do programa Tempo de Lecer teñen unha duración igual á do curso escolar, é dicir dende o mes de setembro a xuño; e están dotados de 60 horas de clase.
O formato de distribución das horas lectivas dos cursos igual que o curso escolar foi unha solicitude das propias asociacións, que demandaban esta fórmula para evitar as interrupcións de meses sen curso. Deste xeito ao ser os cursos seguidos, sen paróns, aproveitaranse mellor as clases. O cambio entrou en vigor xa na pasada edición correspondente ao curso 2018-2019.
Os obxectivos do programa municipal Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
O sistema para organizar e levar a cabo este programa é o seguinte: ofértase un listado dos diversos obradoiros, diferenciados por áreas. Será a asociación a que elixirá nos que desexa participar.
A data e horario dos obradoiros será elixido polas asociacións que o soliciten, adecuándose ás súas necesidades.
Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello. O custo dos cursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.
Os obradoiros que se poden solicitar son todos os incluídos na listaxe elaborada polo Concello, así como calquera outro que as asociacións participantes desexen pedir ou suxerir. Os cursos do listado proposto polo Concello de Mos, distrubuídos por áreas, son:
1.- Área de Bricolaxe e Elaboración Artesá
Restauración de mobles de madeira
Técnicas de embelecemento de mobles
Tapicería
Decoración en metal, cartón e escaiola
Taller de lencería do fogar
Talla de cristal
Esmalte en frío
Velas artesanais
Portarretratos artesanais
Confección de bixutería
Arte Floral
Elaboración de Xabóns
Herbas Medicinais
Cosmética Natural
Elaboración de Licores
Retalería Artesá. Patchwork
Taller de Pintura en tea
Reparacións domésticas e bricolaxe no fogar
Reciclaxe de obxectos desbotados
2.- Área alimentación Sá
Dieta sá e equilibrada
Taller de cociña básica Sá
Taller de cociña elaborada Sá
Taller de Repostería saudable
Cociña Dietética
Cociña Ecolóxica
Cociña e repostería vegana e vexetariana
3.- Área de Cociña e restauración
Cociña tradicional galega
Conservación de alimentos
Panadería - Repostería
Tapas e canapés
Repostería Creativa
Cata de viños
Corte de xamón
Elaboración de cervexa artesá
4.- Área de Deporte
Taller de aerobic
Taller de Batuka
Taller de Zumba
Taller Danza do Ventre
Taller Kizomba
Taller de Bailes Latinos
Taller Funki
Taller Break Dance
Taller de Pilates
Taller de Ioga
Taller de Reiki
Ximnasia de Mantemento
Sendeirismo
5.- Área de arte e Formación
Taller de teatro
Taller de debuxo
Taller de pintura
Taller de coiro
Taller para falar en Público
Taller encadernación, marquetería
Taller de empaquetado
Taller escaparatismo
Taller de Fotografía
Lingua de signos
Primeiros Auxilios (en recen nados , adultos)
Coidado de persoas maiores no fogar
Taller de Corte e confección
Taller personal Shopper
Taller de customizar roupa
6.- Área das nosas tradicións
Iniciación a cestería
Cestería avanzada
Taller de Pandeireta e canto
Taller baile tradicional
Taller de Gaita
Taller de Percusión
Taller de xogos populares
Encaixe de palillos iniciación
Encaixe de palillos avanzado
7.- Área das novas tecnoloxías (ordenadores por conta dos participantes)
Internet e redes sociais. (correo electrónico, facebook, twitter, instagram…)
Taller de Informática Iniciación
Taller de Informática Avanzado
Creación páxinas web
Curso de uso de móbil iniciación
8.- Área de Idiomas
Taller de Inglés
Taller de Francés
Taller de Italiano
9.- Área de Coidado persoal
Como combater a ansiedade: remedios naturais, Flores de Bach,…
Plantas medicinais
Dietética e Nutrición.
Control de Estrés
Taller de prevención de lesións e de dores de costas
Taller de axilidade mental e técnicas para a memoria
Taller de Risoterapia
Taller de Musicoterapia
Taller de maquillaxe
Taller manicura e pedicura
Taller de intelixencia emocional
Taller elaboración peiteados
10.- Área de Agricultura
Poda e tarefas do campo
Xardinería

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218