Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 17 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra de Miño mellora a accesibilidade na Casa de Cultura

O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar  a instalación dunha plataforma salva escaleiras   a través da subvención da Consellería de Presidencia, Administracións e Xustiza para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servicios municipais e fondos propios do Concello, cun importe total de 13.992,00€.

 

Con esta obra o Concello pretende instalar unha plataforma salva escaleiras  Nexo – PTC V65 para dotar de accesibilidade a Casa de Cultura e que todas as persoas poidan acceder aos servicios, cursos e dotacións que alí se encontran. Non nos podemos esquecer que o longo do ano son moitas as persoas que se desprazan ata a Casa de Cultura para cursos, escola de Música, Grupos de Baile, corais, cursos do Concello ou biblioteca municipal. O edificio da Casa de Cultura está ubicado nas inmediacións da Casa do Concello, e funciona como centro multiusos onde se realizan, como ben se acaba de redactar, numerosas actividades. Dada a antigüidade do centro faise preciso mellorar o seu equipamento. Amais e coa intención de mellorala accesibilidade preténdese adquirir este salva escaleiras para que tódalas persoas con dificultades de mobilidade poidan acceder a tódalas plantas do edificio sen problema, para conseguir así un acceso total.  

 

Esta plataforma estará instalada nun prazo non superior a dous meses e conta cun sistema de tracción mediante piñon. Cremalleira, brazos de protección, rampas de acceso e plataforma motorizadas, mando de presión, cun ancho de 45 cm e unha capacidade máxima de carga de 250 kg. Conta con sistemas de seguridade con dispositivos anticolisión e aplastamento, micros de seguridade de final de percorrido, limitador de velocidade, plataforma e rampas de acceso a piso antideslizantes e brazos e bandexas de acceso de plataforma automáticos con bloqueo durante o percorrido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.