Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño comezou a notificar a propietarios de fincas para desbrozalas

O Porriño acumula máis de 200 fincas sen limpar

O Concello do Porriño xa comezou a notificar ós propietarios de fincas para que acometan o desbroce e limpeza en cumprimento da Lei de Prevención de Lumes Forestais de Galicia que establece a obriga de deixar franxas de seguridade.  


As notificacións que se veñen realizado son de oficio ou ben por instancia de parte. Diariamente recibense no Concello do Porriño 5 queixas de veciños que suliñan a existencia de fincas sen desbrozar, informa o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal. Segundo as estimacións do edil actualmente pode haber maís de 200 fisncas de particulares sen limpar que incumpren co determinado pola Lei en materia de franxas de seguridade.


A notificación advirte da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento  e da apertura dun proceso sancionador. Se no prazo de 15 días naturais os propietarios non limpan, a Administración pode asumir as labouras e repercutirlle os gastos ó propietario do terreo. As multas que se poden imponer van dende os 100 ata os 100.000 euros nos casos de extrema gravidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.