PROVINCIA
Iníciase a vendima nas catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior
Carmela Silva indicou que a adega adxudicada, Quinta das Eiras, prevé unha colleita de 15.000 quilos de uva nesta tempada
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe o inicio da vendima nas catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior. Silva indicou que a previsión é que nesta vendima, “na que están a traballar unha ducia de persoas”, se colleiten arredor de 15.000 quilos de uva. Amais, a presidenta tamén animou ás persoas a que “cando visiten o castelo se pasen polos viñedos, porque ver a recollida da uva é algo marabilloso. No castelo de Soutomaior é coma un soño”.
Tal e como sinalou Carmela Silva, a Deputación de Pontevedra adxudicou este ano, de novo polo sistema de poxa pública, a colleita da uva do viñedo do Castelo de Soutomaior á adega Quinta das Eiras. A oferta presentada pola empresa foi de 1,15 euros (incluído IVE) por quilo de uva albariña e de 0,95 euros (tamén incluído IVE) para os outros tipos de uva.
O Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que ocupan catro das 33 hectáreas de extensión do Castelo, datan do ano 1984.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104