Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 13 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Ponte de Rande terá unha iluminación ornamental de "referencia internacional"

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade asistiu hoxe á inauguración da exposición Rande, unha ponte entre dous séculos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asistiu hoxe á inauguración da exposición Rande, unha ponte entre dous séculos, na que salientou que o simbolismo deste viaduto se verá reforzado cunha iluminación ornamental que o converterá nunha referencia internacional.

 

Vázquez Mourelle destacou “que a todas luces, a Xunta traballa e inviste para que Vigo progrese".

 

Neste sentido, explicou que “hai tempo que a Xunta vén falando con Audasa para que a ponte acade este fito e está desexando examinar o proxecto e comprobar a súa envergadura para determinar se é adecuado, para o que contarán co apoio do Goberno galego”.

 

Remarcou que a ponte, facendo honra do seu simbolismo, aunará vontades e conseguirá un consenso pleno para traballar pola súa posta en valor cunha iluminación acaída.

 

 

 

 

Remarca que a ponte aunará vontades e conseguirá un consenso pleno para traballar pola súa posta en valor cunha iluminación acaída

 

 

 

 

Subliñou que o obxectivo da iniciativa é que este fito da enxeñería brille con luz propia e ilumine Vigo e toda a ría dun xeito que nos faga visibles no mundo enteiro novamente. Así, concretou que ver iluminados os seus piares, de máis de 100 metros de altura; os seus máis de 150 tirantes; ou os seus taboleiros, voando a 45 metros sobre a ría; vai ser un valor engadido para Vigo e para toda Galicia.

 

Cómpre lembrar que esta infraestrutura revolucionou as comunicacións de Galicia a principio dos anos 80 e se converteu nun símbolo tan recoñecible no horizonte que representa a Vigo, á súa ría, e que calquera galego loce con orgullo no mundo.

 

A infraestrutura é singular pola súa estética e polo seu deseño, xa que esta ponte atirantada foi, no momento da súa construción, a máis grande do mundo na súa tipoloxía. Tamén a súa ampliación foi única, ao facerse engadindo dous novos taboleiros co plus de que permaneceu aberta ao tráfico en todo momento.

 

A conselleira tamén aproveitou a visita para agradecerlle o traballo ao Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, tanto pola organización desta exposición como polo seu traballo diario.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.