MOS
A Unión Deportiva Mos organiza o seu I Desafío BTT As Baloutas
Faino en colaboración coa Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos co patrocinio da Xunta
O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, o segundo tenente de alcalde, Alberto Méndez; e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, presentaban esta semana no Campo de Fútbol das Baloutas o I Desafío BTT As Baloutas que organizan conxuntamente a UD Mos, a Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos, contando co patrocinio absoluto da Xunta de Galicia e Deporte Galego.
A primeira edición da BTT As Baloutas celebrarase o domingo 29 de setembro con saída e chegada da zona deportiva das Baloutas. A saída efectuarase ás 09.00 horas da mañá. O prezo de inscrición anticipada é de 8 euros por participante e de 10 euros o propio día da proba. A inscrición inclúe seguro de RC e de accidentes, ademais de avituallamento gratuíto, lavado de bicis; e pinchos e bebidas ao remate.
A proba, de 40 quilómetros de lonxitude e dificultade media, celebrarase o domingo 29 de setembro
Os participantes menores de idade deberán facelo con autorización dos pais. O casco é obrigatorio para tódolos asistentes a esta proba de dificultade media, consistente nun percorrido de 40 quilómetros.
O evento deportivo contará tamén cun minicircuíto para nenos.
Os interesados en obter máis información sobre a mesma poden facelo chamando ao número de teléfono 662 66 77 77 ou escribindo ao enderezo de correo electrónico uniondeportivamos@gmail.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218