Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva amosa a súa indignación polo triple crime de Valga

As bandeiras das sedes da Deputación en Pontevedra e en Vigo ondean a media hasta dende esta mañá. Adiántase para esta noite a iluminación de violeta prevista para o día 20 de setembro con motivo da campaña #EmerxenciaFeminista

A presidenta da Deputación de Pontevedra amosou esta mañá a súa condena, repulsa, e indignación ante o triplo crime machista acometido en Valga. “Todas e todos sentímonos moi conmocionadas e indignadas –manifestou Carmela Silva- porque a noticia terrible de Valga golpéanos como sociedade: o asasinato de Sandra, Alba e Elena. Tres asasinatos machistas, tres feminicidios”.

 

Silva amosou a súa solidariedade e a do goberno provincial coa familia e amizades das tres vítimas. “Dende a Deputación de Pontevedra –declarou a presidenta- queremos estar ao lado de Valga, ao lado da familia de Sandra, Alba, Elena, deses dous nenos de 5 e 8 anos, e dicirlle que non hai dereito, que é unha inxustiza, que é insoportable e non hai palabras para poder definir toda esta dor que sentimos”.  Deste xeito, a presidenta e o goberno provincial sumaranse mañá á concentración convocada ás 12.00 pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

 

A presidenta instou ás e aos dirixentes políticos a manter un firme compromiso coa igualdade e contra as violencias machistas. “As mulleres que creemos na igualdade estamos moi afectadas. Queremos que se recoñeza alto e claro que existen as violencias machistas e queremos o compromiso contundente de que non se vai pactar con quen as nega”, asegurou Silva. “Hoxe algúns irán a Valga e farán declaracións condenando os feminicidios. Os mesmos que pactan con Vox, con aqueles que negan a violencia machista e a eles me dirixo para dicirlles que xa está ben. Estamos fartas de hipocresía”.

 

Desde o coñecemento do asasinato a tiros de Sandra, da súa nai Elena e irmá Alba, as bandeiras das sedes da Deputación de Pontevedra na cidade do Lérez e en Vigo ondean a media hasta. Ademais, o goberno de Carmela Silva adianta para esta mesma noite a iluminación de violeta do Pazo provincial e da Sede de Vigo prevista para o día 20 de setembro, con motivo da campaña “EmerxenciaFeminista” á que a Deputación de Pontevedra aprobou sumarse no pasado Pleno.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.