A GUARDA
A Guarda foi o punto de partida para o Proxecto" XacobeoAutismo, Un Camiño de todos"
O martes día 17 de setembro tivo lugar na Casa dos Alonsos a recepción aos participantes no proxecto Xacobeo Autismo, un proxecto para persoas con TEA organizado dende a Fundación Menela e co apoio do Concello da Guarda, o Concello de Nigrán e a Xunta de Galicia.
Na recepción oficial participaron Cipriano Luis Jiménez Casas, director xeral da Fundación MENELA; Juan A. González Pérez, alcalde de Nigrán; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Beatriz Lomba Rodríguez, concelleira de Turismo e Servizos Sociais e Anxo Baz, Tenente de alcalde de A Guarda.
Desta volta participaron persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) do Centro Castro Navás – Fundación Menela, acompañados por profesionais especializados da entidade e da Asociación Avelaíña e do Centro San Xerome.
Despois da recepción oficial iniciaron o seu camiño, a ruta que vai paralela a liña costeira, durante un percorrido de 10 quilómetros que hai ata Portecelo, fin da primeira etapa. En total realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas que transcorreran durante os meses de setembro e outubro, e nas que se achegarán a nosa cultura, o noso patrimonio, a nosa gastronomía e a nosa arte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11