NIGRÁN
Arden preto de 200 coches nun desguace de Nigrán
Un incendio calcinou por completo preto de 200 vehículos nunha empresa dedicada a reciclaxe situada no concello pontevedrés de Nigrán, sen causar feridos.
Ao fío das 01:00 horas desta madrugada, varias persoas particulares chamaban ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para alertar dun incendio no que ardían varios vehículos dun deguace próximo ao Instituto Proval.
Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia comunicaban o sucedido aos Bombeiros de Porriño e de Vigo, aos membros do GES de Val Miñor e aos axentes da Garda Civil e Policía Local. Tamén, foi informado o servizos sanitarios de urxencia da situación.
Os Bombeiros comunicaban ao 112 Galicia pasados uns minutos das 02:00 horas, que o incendio estaba xa controlado.
As tarefas de extinción remataron as 03:00 horas, momento no que así o comunicaban os propios servizos de emerxencia. Ademais, indicaban que, finalmente arderan preto de 200 vehículos que tiña almacenados a empresa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217