MUNDO EMPRESA
Arranca a edición máis valente de Pont-Up Store
Hoxe mesmo comezará a sentirse en Pontevedra o Impulso da Xente Valente que durante os próximos tres días vai encher a cidade de talento emprendedor. Cun programa intensísimo que propón máis de 60 actividades e presenta 46 novos emprendementos preparados para sorprender e convencer, este encontro sitúase definitivamente na vangarda das mostras de iniciativas empresariais cunha edición que aposta pola sostibilidade, o compromiso social, a dinamización do rural e o emprendemento senior
Aínda que hoxe comeza xa a funcionar o Laboratorio Creativo instalado na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, será mañá cando arranque a intensa actividade prevista de aquí ao sábado na 6ª edición do Encontro de Emprendemento Pont-Up Store. Serán tres intensos días de actividades, ideas de negocio, obradoiros, workshops, charlas inspiradoras e presentaciónns de novas iniciativas empresariais, que supoñen a programación máis ambiciosa deste encontro ata o momento.
A previa de hoxe rematará esta tarde coa mesa redonda ‘Tendencias e innovacións nos escenarios’, que se desenvolverá tamén na Sala X da Facultade de Belas Artes entre as 19 e as 20:30 horas e que xirará arredor da tecnoloxía, a sostibilidade e a creatividade como liñas de traballo que están revolucionando o deseño de espectáculos.
Mañá xoves continuará a actividade do Laboratorio Creativo pero será sobre todo unha xornada protagonizada pola Economía Social e Creativa. Durante toda a mañá na Sede Afundación, con entrada libre ata completar aforo, trataranse os retos que se lles plantexan ás cooperativas do sector cultural a través de varias mesas de experiencias inspiradoras, un encontro con representantes de institucións públicas e privadas e unha xuntanza da Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas EspazoCoop, que se enmarca no espazo de reunións anuais de moitas entidades do ecosistema emprendedor que encontran no Pont-Up Store o momento idóneo para celebralas.
Para rematar a primeira xornada do encontro, no ESPAZO GAMING do segundo andar da Casa das Campás vaise celebrar ás 18:30 unha charla técnica arredor da creación de personaxes nos videoxogos, e que estará impartida por Alberto Abal, deseñador de Corvus Belli, a empresa galega creadora de Infinity, wargame de éxito mundial. Abal contará como abordan a creación de pesonaxes para os seus xogos, falándonos da caracterización do público obxectivo, os puntos de partida creativo ou os límites propios.
A carpa da Xente Valente
O Pont-Up Store volverá ter o seu epicentro na carpa situada na Praza de España o venres 20 e sábado 21, onde será posible coñecer ás persoas valentes que se atreven a emprender e ás que este ano homenaxea o slogan. Poderemos comprobar como latexan as súas iniciativas empresariais, un total 46 emprendementos, seleccionados polo seu alto potencial de desenvolvemento entre un total de 168 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un incremento do 17% con respecto á anterior edición. O director do evento, Pedro Figueroa explica que “non foi tarefa fácil para o comité organizador seleccionar as 46 empresas que van participar no encontro, e deixar atrás 122 candidaturas do total das 168 recibidas nesta edición; pero é síntoma do potencial de que ten Galicia e tamén do nivel que alcanzado polo evento, que se consolida progresivamente como o maior encontro do novo emprendemento en Galicia”.Destas 46 empresas seleccionadas, 34 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, con propostas tan interesantes como demostracións de marketing olfativo, probas con vehículos eléctricos, sesións de formación científico-tecnolóxica para a rapazada, un taller de maxia, un obradoiro de panadería artesá e unha proposta práctica sobre como conseguir a difícil e sen embargo posible tarefa de reducir o noso consumo de residuos plásticos.
Empredementos sostibles
Este ano, destaca a cantidade de empresas de nova creación que plantexan solucións para reducir a pegada ecolóxica desde múltiples ambitos; e tamén as iniciativas para activar o rural galego. De feito case a metade das seleccionadas teñen a sostibilidade como liña central do seu negocio. Entre elas destacan Huella Menguante, unha tenda online de productos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos, productos reutilizables, biodegradables e de cercanía; Beflamboyant, fabricante de zapatillas veganas; eezon E3, fabrican scooters eléctricos de 3 rodas para moverse pola cidade; D- Raíz, unha marca de complementos de moda sostible manufacturados en Galicia; Estudio Avelaíña e Cetácea Studio fan deseño creativo sostible co obxectivo de “salvar o mundo”; A Factoría Atelier recuperan mobles e fan creacións artesanais de decoración e complementos a partir de materiais recuperados e sustentables; Meraki Ferments son os primeiros en elaborar Kombucha en Galicia; Somos Terra, ofrecen formación en sostibilidade e asesoramento en desenvolvemento sostible; Farrapos e contos, é un movemento ecolóxico, sostible, solidario e consciente creado a partir dunha marca de roupa conta contos; a cooperativa Catro Ventos, é unha editora que enfocada a publicacións de ecoloxía, consumo sustentable e economía social; Toxo Aventura e Rooteiro, ofrecen interesantes propostas de turismo sostible; e a cooperativa Triquels, que axuda a empresas e marcas con valores a mellorar a súa comunicación e sustentabilidade. Aínda dentro da sustentabilidade, é esperanzadora a cantidade de negocios lanzados desde o rural ou co obxectivo de actívalo. MycoGalicia Plantae, céntrase na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural; Tres Fuciños, é unha cooperativa de porcos celtas criados en liberdade nos nosos montes de castaños e carballos; e Galician Rural Lab, propón unha plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego a través do método da fotografía e o vídeo participativo. Tamén ven do rural A3 Proyectos, dedicada á representación virtual de proxectos de Enxeñaría e Arquitectura. Outras propostas con base teconolóxica son Kidcode, pero neste caso cun proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces, enfocado a axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía.
TICgal que dá soporte a unha aplicación opensource chamada GLPI; Nososono, un espazo online onde artistas, deseñadores emerxentes e artesáns expoñen, difunden e venden os seus produtos pensados e fabricados a man; Mundo Escénico, unha plataforma dixital creada co obxectivo de modernizar, democratizar e facer máis accesible o mundo das Artes Escénicas en Galicia; Koompany Growth Partner, unha consultora de crecemento, negocio dixital e marketing online; Revista Morcego, publicación dixital centrada exclusivamente en información sobre videoxogos en galego; Siente VR, unha productora de contidos inmersivos a través de fotografía e vídeo en 360º.
Emprendemento senior. Proxecto ‘Vulnerables’
Nesta edición o encontro dedicará tamén un espazo a emprendementos liderados por persoas que xa cumpriron co seu ciclo laboral pero queren permanecer activos. Entre outras iniciativas presentarase o proxecto ‘Vulnerables’ liderado por Xaime Fandiño e destinado a fomentar o envellecemento activo e interxeracional, dando visibilidade ao coñecemento senior a través de actividades lúdicas, artísticas e empresariais nas que colaboran persoas de diferentes idades e xeracións: desde os 20 ata os 70 anos. O proxecto conta co respaldo da Universidade de Santiago de Compostela, e ten como mentor a Daniel Jiménez, fundador da plataforma de viaxes e experiencias Waynabox.
Puntazo Exprés
O formato ‘talent bussiness’ lanzado polo Pont-Up Store hai catro edicións, será a actividade estrela do venres e volverá celebrarse de novo na Casa das Campás con acceso aberto, permitindo que o público presencie as presentacións dos 10 emprendementos seleccionados, que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu negocio a importantes executivas e executivos de grandes empresas e entidades galegas que lles darán un feedback inmediato sinalando eivas e fortalezas e achegando recomendacións, suxestións e consellos para mellorar cada emprendemento. As persoas expertas que formarán parte deste tribunal na presente edición serán Uxía Fontán Lago, social media e directora de inbound marketing en Roi Scroll; Carlos Suárez Rey, socio e director xeral de EDISA; Jessica Rey Gómez , responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda; e Tomás Casquero Cimadevila, director xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213