Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 20 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro advirte da proliferación dunha bolboreta asiática perigosa para o buxo

Un aviso fitopatolóxico extraordinario alerta da proliferación da Cydalima perspectalis por causa das altas temperaturas da pasada fin de semana

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un aviso extraordinario ante a presenza xeneralizada de bolboreta do buxo, un insecto invasor orixinario do leste de Asia que se alimenta exclusivamente de buxo . A proliferación deste animal, cuxo nome científico é Cydalima perspectalis, é debida á evolución das eirugas desta bolboreta por efecto das temperaturas tan elevadas da pasada fin de semana, que chegaron a superar os 30ºC.

 

Deste xeito, tal e como informa a xefa da Unidade de artrópodos e control integrado de Areeiro, Rosa Pérez Otero, as sebes e plantas illadas comezaron a presentar síntomas cuxa evidencia depende da comarca. Así, na parte sur da provincia a notoriedade dos sinais é máis alta, aínda que isto tamén depende das condicións particulares de cada exemplar.

 

Consecuentemente, é imprescindible levar a cabo un proceso de revisión dos arbustos na procura de síntomas para valorar a necesidade de aplicación dun tratamento inmediato ou de intervención. Esta revisión debe ser exhaustiva, dado que os indicios poden pasar inadvertidos se se concentran na zona baixa das plantas.

 

Así, a eiruga é de cor verde e mide entre 35 e 45 milímetros. A bolboreta nocturna, pola súa banda, posúe ás de cor branca, pode chegar a acadar entre os 26 e os 45 milímetros de envergadura e séntese atraída pola luz. Ademais, as bolboretas poden percorrer longas distancias a través do aire, o que, unido á súa capacidade de reprodución e os seus hábitos alimentarios, é perxudicial para a flora galega.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.