PROVINCIA
Carlos Font cualifica como “infame” o regateo da conselleira Ángeles Vázquez coa vía verde do Salnés
O portavoz socialista na Deputación de Pontevedra recoméndalle ao alcalde de Portas que se aconselle co seu antecesor antes de poñerse a criticar á Deputación por cumprir cos concellos e felicitar á Xunta, que, a día de hoxe, segue sen asinar o convenio
O portavoz socialista na Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, amosou a súa indignación polas declaracións do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, nas que criticaba á Deputación de Pontevedra por ter comezado as obras da Vía Verde do Salnés ao longo do vello trazado ferroviario de Vilagarcía de Arousa, Portas e Caldas de Reis e felicitaba á Xunta de Galicia, que, a día de hoxe, nin sequera asinou o convenio previsto hai dous anos.
López Font cualificou as palabras do primeiro edil de Portas como “absolutamente intolerables, porque o novo alcalde, ou non se decata de nada dos proxectos que afectan ao seu concello, ou minte con todo descaro”. Por este motivo aconselloulle facer consultas co seu antecesor, Víctor Estévez, quen coñece perfectamente como se xestou a Vía e sabe que institución cumpriu cos concellos e cal non.
O deputado provincial lembroulle a Martínez que foi precisamente a Xunta de Galicia quen decidiu asumir o tramo da ponte de Portas, xa que naquel momento dixeron que era a parte que podían acometer con fondos europeos. “Dicir que a Deputación segregou a Portas da Vía Verde é unha absoluta falacia e se non hai obras en Portas está claro de quen é a responsabilidade”.
Ademais, López Font lamentou o “infame regateo da conselleira Ánxeles Vázquez, que despois de dous anos, négase agora asumir os 200.000 euros que tiña que poñer a Xunta con fondos europeos e chega falando de 170.000 euros dicindo que esa sempre foi a cantidade prevista”. “Minte”, engadiu o deputado, “porque a propia hemeroteca demostra o compromiso de 200.000 euros da anterior conselleira, Beatriz Mato”.
O deputado conclúe que o que tiña que ter sido hai dous anos un convenio a tres bandas entre a Xunta, a Deputación (cada institución con 200.000 euros) e os concellos (que achegarían a parte restante) quedou reducido, diante do desmarque da Xunta, a un convenio a dúas bandas (Deputación e concellos). A Deputación, ademais, redactou o proxecto e licitou e comezou xa a executar a parte que lle corresponde. “Neste tempo cambiou o alcalde de Portas, cambiou a conselleira, pero o que non cambiaron foron as escusas e as manobras políticas da Xunta de Galicia, sempre dada a liar, pero remisa a colaborar con lealdade institucional”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104