Galicia
Rueda espera que a inestabilidade nacional non supoña máis retrasos no AVE a Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisaron esta tarde co ministro de Fomento en funcións, José Luis Ábalos, as obras de ADIF no tramo Zamora-Pedralba
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou co ministro de Fomento en funcións, José Luis Ábalos, as obras de ADIF no tramo Zamora-Pedralba do AVE. O acto contou coa presenza do presidente de Castela-León, Alfonso Fernández Mañueco; da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera; do presidente de Renfe, Isaías Táboas, e do conselleiro de Fomento de Castela-León.
Alfonso Rueda indicou que a Xunta espera que se cumpran os prazos e que a inestabilidade nacional que levou a convocar novas eleccións xerais non supoña máis retrasos na posta en marcha do AVE a Galicia. Agradeceu a invitación por parte do Ministerio de Fomento ao Goberno galego para participar hoxe no viaxe en probas da liña Zamora- Pedralba e destacou que os avances na liña de Alta Velocidade son fundamentais para a nosa comunidade como infraestrutura crucial para as nosas comunicacións e para a competitividade territorial de Galicia.
O vicepresidente da Xunta, manifestou que despois de anos esperando o remate das obras, o Goberno galego porá todo o que estea nas súa mans para que o AVE chegue a Galicia o antes posible, incidindo ademais na importancia que terá a posta en marcha desta infraestrutura para o Xacobeo 2021.
![[Img #56396]](https://xornal21.com/upload/images/09_2019/5733_20190919avepedralba2.jpg)
As vantaxes da alta velocidade para a nosa comunidade son de especial importancia en todos os eidos e Galicia precisa contar cunhas infraestruturas de calidade polo que é necesario que se siga avanzando e cumprindo cos compromisos neste eido, e que a nosa comunidade e por ende todo o noroeste peninsular non estea no furgón de cola das comunicacións ferroviarias, indicou o vicepresidente no transcurso do acto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49