Galicia
Gonzalo Caballero “non era o escenario que a cidadanía estaba esperando nin o que nos queríamos”
Sinala que “seguimos querendo unha España e unha Galicia progresistas fronte aos retrocesos que implican as tres dereitas”
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, apuntou hoxe que as eleccións do próximo 10 de novembro decidiranse “en clave de proxecto de futuro”.
Logo do anuncio da convocatoria electoral, dixo que “España e Galicia seguen necesitando o proxecto de futuro e de avance dos socialistas fronte ás tres dereitas” na “sorte de segunda volta electoral” á que “estamos abocados polo bloqueo político” contra quen gañou as eleccións de abril.
O líder dos socialistas galegos defendeu o proxecto e o “modelo de avance social” que representa Pedro Sánchez “fronte ao retroceso que buscan as tres dereitas” e que necesita do apoio social e político en outubro. Este proxecto, dixo, está “comprometido co avance social e económico, cos sectores desfavorecidos, coa igualdade de mulleres e homes, cos parados de longa duración ou coas pensións, a sanidade e a educación públicas”.
Caballero remarcou que as próximas eleccións celebraranse “en clave de futuro” e “referendarán a posición maioritaria e os avances sociais fronte á ultradereita” co apoio aos socialistas e á proposta de goberno “moderado e progresista”. Replicou así que os augurios da “dereita e ultradereita” fronte a “quen ía trocear España ou pactar cos independentistas” demostráronse “falaces, viñéronse abaixo”.
Chamou ao apoio da esquerda e tamén do electorado de centro e moderado que queren “impoñer unha maioría social e de progreso fronte aos acordos de Casado, Álvarez de Toledo e Abascal”, que “non ofrecen nada positivo para os galegos e as galegas”.
O responsable socialista sinalou que a convocatoria “non era o escenario que a cidadanía estaba esperando nin o que nos queríamos”, pero si ao que “estamos abocados” logo do “bloqueo político” contra a investidura de Pedro Sánchez, que foi o claro vencedor da pasadas eleccións, sen posibilidades de goberno para ningunha outra opción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49