GALICIA
A Xunta aproba un investimento no sistema científico universitario galego con 20,5 m€
Rueda destaca que este investimento suporá un salto cualitativo e cuantitativo no que son os maiores axentes científicos de Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou esta semana unha orde de axudas que suporá un investimento de 20,5 millóns de euros nos centros de investigación do Sistema Universitario Galego para o período 2019-2022, o que significa o maior investimento público realizado ata o de agora no sistema científico universitario galego.
O vicepresidente da Xunta destacou que este investimento, un 66% maior que na anterior convocatoria en termos relativos, suporá un salto cualitativo e cuantitativo no impulso do que son os maiores axentes científicos de Galicia e, ademais, “avánzase na consolidación dunha estrutura de I+D+i máis forte e competitiva no ámbito estatal e europeo”.
Nesta mesma liña, Rueda explicou que deixan de existir as dúas escalas que viñan definidas desde o ano 2016 (centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas), para integrarse nunha única escala de centros de Investigación.
Ademais, esta convocatoria pretende atraer talento e mellorar a posición das universidades nas clasificacións internacionais. A partir dese dobre obxectivo, establécese un procedemento regrado para a acreditación, estrutura e mellora dos centros de investigación. Deste xeito, a partir de agora, para optar a este financiamento, os centros deberán someterse a un proceso de avaliación estandarizado que levarán a cabo recoñecidos expertos alleos ao sistema galego. Nesa avaliación, teranse en conta aspectos como a captación, formación e retención de talento; a investigación de referencia competitiva e a captación de fondos competitivos de centros nacionais e internacionais.
En base ao resultado dese procedemento, o financiamento pode variar entre un máximo de 1 millón de euros e un mínimo de 500.000 euros por centro, en función da cualificación obtida nesa avaliación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49