MOS
A Cividade de Louredo, conmemora o seu 25 aniversario
Na súa celebración conta en cartel con grandes grupos como Arume, e Os Chavellos, asi como ca presentación oficial do segundo disco do gaiteiro mosense Xulio Lorenzo
Onte á tarde celebrouse a presentación do XXV Aniversario da Asociación A Cividade. O acto tivo lugar no seu propio local social, coa asistencia de Corina Porro, Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, Concelleira de Cultura, Baldomero Lorenzo, Concelleiro de goberno, Conchi García Pereia, presidenta da Asociación A Cividade, Xulio Lorenxo, gaiteiro mosense autor do himno de Mos, diferentes membros dos grupos de música tradicional Arume e Os Chavellos; e demais membros da directiva da Asociación (entidade organizadora do 25 Aniversario).
Dita celebración terá lugar en Mos, concretamente no entorno exterior do local social na parroquia de Louredo, os días 28 e 29 de setembro.
Respecto do mesmo, a alcaldesa, Nidia Arévalo, agradeceulles encarecidamente hoxe a todos os que o fan posible, o seu traballo e colaboración “tanto á entidade organizadora, como a colaboración da consellería de Cultura, hoxe representada por Corina Porro, Delegada Territorial” “ A por outros 25 máis” dixo.
A Asociación A Cividade fundouse no ano 1994, co obxetivo de difundir e recuperar a cultura tradicional galega, crear espacios sociais, culturais e de ocio para a convivencia veciñal na parroquia de Louredo e involucrar a todos tipo de colectivos a participar nas actividades propostas como cursos, excursións, deporte, teatro, a música e o baile tradicional, a cociña, o nadal, o entroido…
A programación de este aniversario constará de dous días, cas seguintes actividades: o sábado 28 de setembro a partir das 13:00 horas haberá a actuacións de Os Charamujas, seguida de un xantar popular e tarde de xogos populares. Pola noite, a partir das 20:00 horas chegará o momento dos concertos cos grupos convidados; Os Chavellos e Arúme.
Porá o broche final a esta xornada, o gaiteiro nacido na mesma parroquia, Xulio Lorenzo, que fará a presentación oficial do seu segundo Disco, “Volver Soñar”.
O domingo 29 de setembro ás 19.00 horas a sesión de teatro contará cun ciclo de humor a cargo do grupo da propia asociación que porá en escea “Si hai que bailar… bailamos”.
OS CHAVELLOS
Son un grupo de música tradicional composto por 15 músicos. O repertorio que presentan é da nosa terra, temas de tradición oral arranxados ao seu xeito e composicións contemporáneas.
Eles mesmos se caracterizar por amar a música tradicional, no escenario misturan intrumentos como Zanfona, Acordeón, Gaita, Clarinete, Violín, Buzuqui, Percusión, e Voces.
ARUME
O grupo Arume, fúndase en novembro de 1993, baixo a dirección de Emilio Sotelino, na parroquia mosense de Guizán co obxectivo de manter vivo o espírito co que un grupo de nenos e nenas, algúns anos antes comezaron a bailar e tomar contacto co folclore galego e o que representaba.
Na actualidade Arume, está dirixido por Marisé Balado Domínguez. No seu repertorio compaxina pezas instrumentais, de baile, e canto; empregando instrumentos de percusión, melódicos coma a zanfona, frauta, acordeón, guitarra e tamén con antigos instrumentos das cociñas galegas.
En outubro de 2018 celebra, no Centro Dotacional de Torroso-Mos, o seu 25 Aniversario cun festival que percorre toda a sua traxectoria, ó longo dos anos.
A finais dese mesmo ano, presenta no Pazo de Mos o seu primeiro traballo discográfico, titulado “O noso xeito” que está composto de 14 temas tradicionais da cultura popular galega con arranxos propios.
Ó longo destes 25 anos, Arume actúa en diversos festivais folclóricos, benéficos, festas patronais, gastronómicas, seráns e foliadas en diferentes lugares da xeografía galega. Está incluido no convenio de Cultura do Concello de Mos e dende o ano 2017 tamen en Pontegal na modalidade de grupos folk.
XULIO LORENZO
Xulio Lorenzo é un músico e compositor Galego nacido en Louredo, unha parroquia do Concello de Mos na provincia de Pontevedra.
Comeza o estudio da gaita en 1992 na casa do Pobo (Centro Cultural de Louredo) da man de gaiteiros de renome do lugar. En 1997 pasa a ser integrante da Banda de gaitas Xarabal de Vigo, dirixida polo Mestre de Mestres, Antón Corral.
Como compositor, é autor de varias obras tanto para gaita como para frauta doce o whistle destacando a “Muiñeira de Mos” e a “Alborada Camiño da Rosa”dedicadas o seu Pobo, ésta última, presentada coa colaboración dos grupos de gaitas de Mos. Máis de 80 músicos interpretaron a “Alborada Camiño da Rosa” no día da súa presentación. A Alborada Camiño da Rosa, foi nomeada Himno Municipal do Concello de Mos, no pleno celebrado o día 18 de decembro do 2017.
No 2015 comeza unha aventura musical no Brasil, unha xira de tres meses da man do grupo Gaiteiros de Lume. Con eles participa en concertos por todo o estado así como na gravación do segundo álbum dos músicos curitibanos.
Xa de volta en Galicia e convidado a viaxar de novo, esta vez a Italia onde fai unha xira polo sur acompañando ó grupo Napolitano Brigan.
A finales de 2015 decide dar forma as súas propias composicions reunindo con él un equipo formado por grandes músicos do panorama musical actual, é así como nace Cantos da Ialma (2017).
Tras dous anos de andaina con Cantos da ialma actuando en numerosos escenarios da xeografía galega e internacional, Xulio Lorenzo presenta o seu novo traballo discográfico, Volver Soñar. Un disco diferente con novas cores musicais, novas composicións e como sempre rodeado de grandes profesionais e sobre todo de grandes amigos.
Como no primeiro disco, Xulio compón a maioría de temas e coa axuda de Diego Bea Besada como productor musical dan vida a este novo traballo que de seguro gustará a todolos públicos con temas alegres, cheos de historias e sobre todo de emocións e sentimentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218