VIGO
O Concello investirá 600.000 euros en renovar a iluminación do parque de Castrelos
Cun orzamento superior aos 600.000 euros, o Concello de Vigo vai renovar a iluminación do parque de Castrelos, substituíndo as actuais luminarias por luces led. O obxectivo é mellorar a iluminación e fomentar o aforro enerxético
Abel Caballero anunciou esta mañá a reforma do alumeado de Castrelos para conseguir mellora da iluminación e aforro enerxético. O venres pasado, o Concello solicitou autorización en Patrimonio para substituír a actual iluminación de sodio de alta presión por luminarias de tecnoloxía led. Cun orzamento superior aos 600.000 euros e un prazo de execución de catro meses, actuarase nun total de 50.000 m2 distribuídos no parque infantil, no circuíto de running, nas pistas deportivas e na rúa Ángel Illarri. O obxectivo, detallou, é mellorar os parámetros lumínicos en todas as zonas e reducir considerablemente o consumo eléctrico. O proxecto prevé incorporar novos modelos de luminarias modernas e acordes co entorno emblemático.
O rexedor referise tamén ao atraso da Xunta en responder á solicitude de autorización a Patrimonio para realizar obras de reforzo no Paseo de Alfonso. O Concello pediu o permiso no mes de marzo e seis meses máis tarde aínda non houbo resposta para poder acometer uns traballos de acondicionamento que se prolongarán dous meses nunha das zonas máis "emblemáticas" da cidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149