Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 21 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP pide ao Goberno unha estratexia común para frear ao xabaril

O grupo provincial levará á Deputación unha moción para buscar solucións á proliferación desta especie

O grupo provincial do Partido Popular presentará unha moción na Deputación para reclamar ao Goberno central que deseñe unha estratexia común entre administracións para frear o impacto do xabaril na provincia, especialmente grave nos concellos do interior.

 

A intención é buscar solucións contra a proliferación desta especie, que está a causar enormes estragos nos cultivos debido ao crecemento exponencial do número de exemplares. Os seus efectos nótanse tamén en materia de seguridade viaria polos accidentes de circulación que provocan, ademais de introducir riscos tanto polo achegamento dos xabarís a zonas habitadas como pola transmisión de enfermidades.

 

Ese foi un dos asuntos tratados este pasado xoves pola noite na xuntanza que o Partido Popular celebrou na Cañiza e que reuniu aos representantes das comarcas do Condado e  da Paradanta. Ademais, do presidente provincial, Alfonso Rueda, e do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Miguel Ángel Pérez Dubois, asistiron varios deputados provinciais como Jorge Cubela, Alejandro Lorenzo, Javier Tourís e Luis López, co líder do PP da Cañiza, Miguel Domínguez como anfitrión. Así mesmo, tamén participaron o alcalde de Arbo, Horacio Gil; a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel; o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo; o alcalde de Covelo, Pablo Castillo; a voceira do PP de Mondariz, Ana Corredoira; e concelleiros das dúas comarcas.

 

 

 

 

Alfonso Rueda e deputados provinciais mantiveron unha reunión na Cañiza cos representantes do Condado Paradanta

 

 

 

 

A xuntanza enmárcase dentro dunha rolda que o grupo provincial está a facer por toda a provincia para poñerse a disposición de alcaldes e voceiros do partido. Esta foi a terceira reunión despois das celebradas no Baixo Miño e no Deza. “Temos un grupo provincial moi forte”, sinalou Alfonso Rueda. “E é moi bo que ese grupo se achegue aos concellos e que teña un contacto directo e sobre o terreo cos representantes de cada comarca”.

 

“O que buscamos é canalizar as iniciativas dos concellos para que teñan eco na Deputación”, sinalou Jorge Cubela, quen recordou que o Partido Popular é a única formación que ten deputados de tódolos partidos xudiciais. “Iso permítenos ter unha visión completa de toda a provincia, desde os concellos de costa aos de interior, desde ás cidades e vilas aos concellos pequenos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.