Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Marzo de 2026 a las 20:57:14 horas

Xornal21.es
Martes, 24 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello de Tomiño vén de aprobar máis de 150.000 € para a traida de Sobrada

O goberno de Tomiño considerou que a Traída de augas estaba nunha situación excepcional e aprobou co respaldo do resto das traídas do municipio este investimento extraordinario

Onte o pleno do Concello municipal de Tomiño aprobou por unanimidade un investimento de 150.000€ mediante unha modificación de crédito con cargo a remanente de tesourería en concepto de axuda a Comunidade de usuarios de Sobrada para a construción das novas instalacións para abastecemento de auga.

 

A construción de novas instalacións darán servizo a 130 usuarios dos barrios de Monte, Portela, Gándara, Gandariña e Cruceiro. Sobrada é un dos núcleos con maior crecemento poboacional do concello e actualmente  abastece aos veciños e veciñas a través de dúas traídas de augas, a de Torrón e a de Sobrada. É esta última a que recibirá a colaboración municipal co respaldo do resto das traídas de augas do municipio. Un proxecto necesario e urxente pola gran cantidade de novos usuarios, polo sistema de distribución existente obsoleto e ineficente que non admite novos enganches e pola  elevada contaminación dos seus acuíferos . Cuestións que fan necesaria a creación de novas instalacións que ademáis beneficiará ao CEIP Sobrada con máis de 200 alumnos e alumnas.

 

A construción dun novo sistema suporá por un lado, satisfacer as numerosas demandas de conexión e facelo con garantías de calidade sanitaria. Trátase dun abastecemento con calidade no servizo no que se inclúen melloras na presión, e tamén uns menores custos por usuario xa que o sistema pasa a unha rede de distribución común na que os custes fixos asociados ás instalacións como cloradores, decantadores, clorímetros,...  repártense entre un maior número de usuarios. A isto engádese as vantaxes para o CEIP Sobrada con alumando de niveis infantís e primaria e con servizo de comedor que disfrutarán de melloras  na calidade do servizo para o persoal e o alumnado.

 

O Concello de Tomiño ademáis da aportación mediante a modificación de crédito aprobada na tarde de onte, vén colaborando coas traídas de augas do municipio mediante unha bolsa de axudas anuais con máis de 50.000 € ademáis do apoio loxístico e técnico. No caso da Traída de augas de Sobrada, o Concello de Tomiño xa correu cos gastos do proxecto técnico e da dirección de obra que foron abonadas no exercicio 2018 e que ascenderon a 30.000€.

 

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “esta modificación de crédito foi aprobada por unanimidade da Corporación. Un consenso plenario para executar esta obra que vén corroborar que o  compromiso do goberno local foi acertado.” A rexidora tamén salientou que “no pleno tratouse a posibilidade de rebaixa do ICIO porque consideramos que ao ser unha obra de interese municipal non debe pagar esta tasa”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.