Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 23 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Depo en Marcha 2019” inicia esta semana dez novos obradoiros na provincia

Preto de 220 persoas maiores participarán en distintos talleres nos municipios de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Redondela, Pontevedra e Soutomaior

Ao longo desta última semana de setembro ao redor de 220 persoas comezarán na provincia dez novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2019”, da Deputación de Pontevedra. Os talleres iniciaranse nos municipios de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Redondela, Pontevedra e Soutomaior.

 

Máis polo miúdo, en Sanxenxo a Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla comeza un curso de Ximnasia de Mantemento no que van participar 27 persoas os martes e xoves de 18:30 a 19:30 horas dende este martes, 24 de setembro, ata o 26 de decembro. No mesmo concello tamén terá lugar outro obradoiro de Ximnasia de Mantemento, neste caso organizado polo Club de Pensionistas de Sanxenxo, no que participarán 30 persoas e que terá lugar de 18.00 a 19.00 horas os luns e os mércores entre o 23 de setembro e o 11 de decembro.

 

Por outra banda, en Cambados terá lugar un taller de Pilates da man da Asociación de Veciños O Batuqueiro de Vilariño. Nel están inscritas 29 persoas que practicarán esta disciplina os luns e os mércores, de 20:30 a 21:45 horas, entre o 23 de setembro e o 11 de decembro.

 

En O Grove, a Asociación MM. RR. A Lagoa desenvolverá un obradoiro de Traballos Manuais Variados no que un total de 15 persoas daranse cita os xoves, de 19:30 a 22:00 horas, entre o 26 de setembro e o 19 de decembro.

 

Pola súa banda Redondela acollerá tres obradoiros. O primeiro deles tratará as Conservas Artesanais grazas a Asociación Sociedade Cultural do Viso e terá lugar os luns entre o 23 de setembro e o 30 de decembro de 16:30 a 18:30 horas, nel participarán 22 persoas. Os outros dous obradoiros que terán lugar no concello de Redondela xirarán ao redor da Panadería e a Repostería. Un levarase a cabo pola Asociación Cultural Deportiva Cidadelle, 25 persoas daranse cita os xoves, de 17:00 a 19:15 horas, entre o 26 de setembro e o 26 de decembro. O segundo destes talleres vén da man do Centro Social Cultural Recreativa de Cedeira e terá lugar os venres, de 19:00 a 21:30 horas, entre o 27 de setembro e o 27 de decembro.

 

No que respecta a Pontevedra, os luns entre 23 de setembro e o 25 de novembro serán 15 as persoas que participarán no obradoiro de Cociña Galega organizado pola Asociación Cultural Veira do Río de Pontesampaio, de 16:30 a 19:30 horas. Por outra banda, a A.C.D. Chan do Monte impartirá un taller de Pilates os martes e xoves de 20:15 a 21:15 horas, entre o 24 de setembro e o 19 de decembro.

 

Por último, en Soutomaior a Asociación Cultural Moreira a Tope levará a cabo un obradoiro de Panadería e Repostería no que participarán 25 persoas os martes, de 17:30 a 20:30 horas, entre o 24 de setembro e o 9 de decembro.

 

O programa “Depo en Marcha 2019” espalla pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.

 

Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade. Este ano, a empresa Xestión Cultural Aurea S.L é a encargada de xestionar o programa, que conta cun orzamento de 156.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.