PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra inviste preto de medio millón de euros en 52 clubs de deporte náutico
Estas subvencións teñen por obxectivo contribuír á participación en ligas e competicións oficiais provinciais, autonómicas ou nacionais dos clubs de piragüismo, remo e vela
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións para clubs deportivos da provincia que practican deportes náuticos. Tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “estas axudas teñen un importe de 478.000 euros e beneficiarán a un total de 52 clubs de piragüismo, remo e vela de 22 concellos da provincia”.
O obxectivo destas subvencións é axudar a que os clubs da provincia poidan participar en ligas e competicións oficiais provinciais, autonómicas ou nacionais convocadas por federacións deportivas galegas ou nacionais. Así, neste 2019 vanse beneficiar das achegas 52 clubs, dos cales 27 son de piragüismo, 17 de remo e 8 de vela. Máis polo miúdo, os 27 clubs de piragüismo recibirán 265.000 euros, os 17 de remo 150.000 e os 8 de vela 63.000 euros.
Os 52 clubs que van desfrutar desta subvención da Deputación de Pontevedra pertencen a 22 concellos da provincia entre os que se atopan Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, O Grove, Illa de Arousa, A Guarda, Marín, Moaña, Mondariz-Balneario, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168