PROVINCIA
Preto de 400 mulleres comezan esta semana 22 accións do programa “Conectadas”
Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en 12 concellos da provincia
O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a apoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde esta semana, 387 mulleres pertencentes a asociacións de 12 concellos pontevedreses comezan 22 cursos. En liñas xerais, a través desta iniciativa da institución provincial, está previsto que participen 4.000 mulleres de 53 concellos.
O luns 23 de setembro comezará un curso organizado pola Asociación Cultural San Antonio, do concello de A Lama, que leva por título “Relaxación e manexo do estrés: Momentos en calma” e que se desenvolverá de 18.00 a 19.30 horas na Casa do Pobo da Lama. A esta acción formativa, que rematará o 4 de decembro, acudirán un total de 17 mulleres.
O martes 24, pola súa banda, comezan cinco novos obradoiros. O primeiro deles terá lugar en Marín, no Local Social (r/ Lameira). Organizado pola Asociación de Mulleres O Abeiro, leva por nome “Coidar coidándonos” e finalizará o 10 de decembro. Ata esa data, as 15 participantes deberán ir os martes e xoves de 17.15 a 18.45 horas.
Doutro lado, outros catro cursos terán por sede diversos puntos do concello de Vigo. Este é o caso de “Ximnasia de mantemento”, que terá lugar no local da Asociación de Amas de Casa y Consumo Agarimo ata o 24 de xaneiro do vindeiro ano con horario de 17.00 a 18.00 horas os martes e de 19.00 a 20.00 horas os venres. Nel participan 17 mulleres da entidade onde se desenvolve a acción.
Ademais deste curso, tamén terá lugar un de Pintura do Centro Recreativo y Cultural de Cabral que finalizará o 17 de decembro e que se levará a cabo os martes na Aula Mulleres da asociación con horario de 17.00 a 19.30 horas. O curso “Bricolaxe e reparacións no fogar”, que terá lugar os martes de 16.30 a 18.30 horas no local da Asociación de Vecinos de San Pedro de Matama La Unión, acollerá a un total de 16 mulleres ata o 28 de xaneiro de 2020. Por último, Vigo tamén acollerá un curso denominado “Fotografía. Edición”, organizado dende a Asociación de Empresarias de Galicia, que terá lugar os martes e xoves dende as 16.30 a 19.30 horas ata o 31 de outubro e acollerá a un total de 15 mulleres.
Cambiando de terzo, o mércores 25 comezan outras cinco accións formativas. En Vigo, na Asociación de Veciños da Praza da Miñoca, comeza un curso de “Pintura” con 18 mulleres inscritas que terá lugar de 18.00 a 20.30 horas os mércores e que rematará o 18 de decembro. No Centro Veciñal e Cultural de Valladares, pola súa parte, ten lugar “Iniciación á costura”, que comeza con 16 matriculadas. Este curso rematará o 11 de decembro e desenvolverase os mércores entre as 17.00 e as 20.00 horas. A Federación de Asociacións de Minusválidos COGAMI propón a acción de “Risoterapia”, que se dilatará no tempo ata o 11 de decembro e que conta con 20 inscritas. A actividade terá un horario de 16.00 a 19.00 horas dos mércores.
Tamén o mércores 25 comezará en Oia un curso de “Ioga” no que participarán 28 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Oia. Esta actividade terá lugar na Casa Social de Burgueira os luns e os mércores de 19.30 a 20.30 horas ata o 27 de xaneiro. En Vila de Cruces, pola súa banda, está programado o comezo do curso “Iniciación á costura”, organizado dende a Asociación de mulleres de Fontao. Así, o curso será todos os mércores de 20.00 a 22.30 horas ata o 8 de xaneiro de 2020. En Bueu, a AMMRR Mar e Agro de Bueu comeza un curso de “Teatro” que se desenvolverá os mércores entre as 17.30 e as 20.00 horas e que conta con 25 participantes.
O xoves 26, pola súa banda, comezan tres cursos. En Arbo, a Asociación de Mulleres Rurais Arbenses acollerá un curso de “Pintura” que se desenvolverá os xoves con horario de 17.00 a 20.00 horas ata o 3 de xaneiro. Para esta acción formativa están inscritas 16 mulleres. En Mos, a Asociación do Centro Recreativo y Cultural de Torroso comeza unha acción formativa con 15 participantes en torno ó teatro cuxo horario será das 19.30 ás 22.00 horas dos xoves ata o 9 de xaneiro. Ademais, en Vigo, na Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos, comeza “Musicoterapia”, un curso no que participan 18 mulleres. Esta iniciativa terá lugar os xoves de 16.30 a 18.30 horas ata o 30 de xaneiro.
O venres 27 comezan catro novas accións formativas en Cambados, A Estrada, Vigo e Redondela. Deste xeito, en Cambados iníciase “Conservación de alimentos, conservas conservas artesanais” da man da Asociación O Batuqueiro de Vilariño. Este curso rematará o 3 de xaneiro de 2020 e contará con 17 participantes que acudirán os venres entre as 19.00 e as 21.30 horas. En A Estrada, a Asocación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei comeza o venres un curso denominado “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, que se desenvolverá os venres entre as 19.30 e as 22.30 horas ata o 27 de decembro e que contará coa participación de 19 mulleres. Redondela, pola súa banda, contará cun curso de “Taichí” que conta con 15 inscritas. Esta actividade desenvolverase no Círculo Cultural Recreativo de Cesantes os venres de 18 a 20 horas ata o 31 de xaneiro. Por último, o venres comeza en Vigo un obradoiro de “Minfulness” organizado pola Asociación Xaruma. O curso, que se extenderá ata o 27 de decembro, será os venres de 17.00 a 20.00 horas e conta con 15 participantes.
O sábado 28, diversas accións de “Conectadas 2019” darán comezo nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Mos. En primeiro lugar, Cerdedo-Cotobade contará cun obradoiro nomeado “Relaxación e Manexo do Estrés: Momentos en Calma”. Esta acción, organizada pola Asociación de Veciños e Amigos Santiago de Caroi, terá a súa sede na Casa Escola das Nenas de Caroi. O horario ó que se deben ater as 17 mulleres que participan na iniciativa será de 18.30 a 20.30 horas dos sábados ata o 8 de febreiro do vindeiro ano.
Na Estrada, a Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós inicia un curso de “Iniciación ó Parchwork” con 15 participantes que terá lugar no Local Social de Tabeirós os sábados de 16.30 a 19.30 horas ata o 14 de decembro. Finalmente, Mos acolle o sábado o comezo doutro curso de “Iniciación ó Patchwork” organizado pola Asociación de Palleir@s de Mos. Esta acción desenvolverase os sábados entre as 16.00 e as 20.00 horas ata o 30 de novembro e conta cun total de 16 inscritas.
“Conectadas 2019” trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e actuación, o apoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168