Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Martes, 24 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O grupo coruñés Avelaíña gaña o Concurso de Gaitas do País

O segundo premio foi para o grupo Rodamuíños do concello de Mos

O grupo Avelaíña de Teo, A Coruña, gaña o LII Concurso de Gaitas do País organizado polo concello de Ponteareas. O grupo formado polos gaiteiros Xesús Rodríguez Callejón e Raquel Vilas Otero, polo bombeiro Ricardo González Martín e polo tamborileiro Santiago López Suárez faise co primeiro premio do concurso de gaitas máis antigo de Galicia recibindo un premio de 1800€.

 

O segundo posto foi para o Grupo Rodamuíños de Cela, Mos, o terceiro para o grupo Soñíria de Vigo e o cuarto premio para o grupo Bran Cuartet. Así o decidíu o xurado composto nesta ocasión por José Manuel Gil Rodríguez, Xiana Teixeiro Rei, Antonio Gutierrez Pereira, Xulia Feixoo Martínez e o polifacético produtor e músico Cristian Silva.

 

Este Xurado decidíu outorgar unha mención especial ao grupo  "Aula de toque pechado de gaiteiros  das Rías Baixas" pola súa labor na recuperación de técnicas  e composicións. E outra ao grupo "Anaquiños da terra - Xuventude de Galicia" de Lisboa, polo seu labor por manter as tradicións e espírito galego fóra das nosas fronteiras.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, agradece a todos os grupos a súa participación ofrecendo unha xornada de festa, de folclore galego, de tradición e de posta en valor dunha parte da cultura galega.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.