VIGO
Política Social financia 15 novas prazas para persoas con dano cerebral
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitou as instalacións desta asociación
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, anunciou esta semana que a o Goberno galego financia a Alento 15 novas prazas públicas de atención residencial a persoas con dano cerebral adquirido, por un investimento total de 334.000 euros anuais. Con estas prazas puido poñerse en marcha a residencia que esta entidade ten na cidade olívica.
Ademais desta medida, increméntase en 16 a oferta de prazas públicas no centro de día, ata chegar ás 57. Deste xeito, a Xunta de Galicia oferta nos servizos de Alento 72 prazas públicas e duplica os fondos que destina anualmente a esta entidade, ao pasar de 336.000 euros a 811.000.
Tamén se incrementa en 16 o número de prazas de atención diúrna que a Xunta pon á disposición das familias nesta entidade viguesa, ata chegar ás 57
A conselleira de Política Social destacou o importante labor social que realiza este colectivo a diario, tanto na atención ás persoas con dano cerebral adquirido, como na súa inclusión social para conseguir a igualdade real de oportunidades a través dun amplo programa de actividades e obradoiros. Tamén subliñou o papel que ten a asociación desde a súa posta en marcha hai 19 anos na concienciación e sensibilización desta doenza.
Nesta liña, agradeceu o compromiso dos profesionais que compoñen Alento e tamén das voluntarias e voluntarios que colaboran coa entidade en mellorar a vida en todas as persoas que acoden ao centro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141