Viernes, 13 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

O polígono da Veigadaña completa o 90% da súa ocupación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu a sinatura de adquisición de 24.000 m2 de superficie neste polígono, onde lembrou que aínda están dispoñibles 11 parcelas, que suman case 50.000 m2, e que todas contan cunha bonificación dun 30%

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que case un 90% do solo empresarial do Polígono da Veigadaña, no Concello de Mos, xa está adxudicado. Así o adiantou a conselleira durante a visita ás instalacións do viveiro de empresa da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), onde presidiu a sinatura da adquisición 18 parcelas que suman unha superficie de 24.000 m2 de solo empresarial por parte de 11 empresas representadas nesta asociación.

 

[Img #56507]

 

Lembrou que na actualidade están adxudicados 344.757 m2 dos 392.939; polo tanto das 101 parcelas nas que se dividiu, están dispoñibles 11 parcelas que suman 48.182 m2, que se poden adquirir cunha bonificación dun 30%no seu prezo de venta e con superficies de entre os 3.000 e os case 8.00 m2, da parcela máis grande dispoñible. Engadiu que ademais da bonificación, os interesados teñen a posibilidade de adquirir o solo en dereito de superficie, que consiste no pago dun canon anual reducido por metro cadrado.

 

[Img #56510]

 

Estas dúas modalidades de adquisición de solo empresarial puxéronse en marcha en 2016 para facilitar o acceso ao solo empresarial e que ten calado no tecido empresarial galego, pois se vendeu e se adquiriu máis de dous millóns de m2, o que supuxo unha bonificación de 48 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia no caso da compravenda e un aforro de 13,6 millóns de euros para as empresas que optaron pola adxudicación en dereito de superficie.

 

Salientou que o obxectivo é garantir que as empresas se asenten en Galicia e crean emprego, oportunidades e riqueza aquí; por iso a Xunta traballa xa na avaliación da situación actual e das necesidades do solo empresarial para continuar favorecendo unha efectiva e rendible implantación de empresas como motor económico da Comunidade. Nese sentido, recordou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo traballa na posta en marcha dun Observatorio do solo empresarial, un organismo que concentrará a información e o asesoramento para definir as futuras liñas de actuación da Xunta nesta materia e elaborará un censo de solo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.