SALVATERRA DE MIÑO
Obras de mellora no acceso ao IES Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra de Miño está realizando as obras de mellora no acceso ao entorno do IES Salvaterra co fin de mellorar a seguridade dos máis de 500 rapaces e rapazas que se desprazan todos os días ao centro, ben sexa andando, en coche ou en autobús.
A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o Concelleiro de obras, Ernesto Groba, veñen de supervisar o estado no que se encontran as obras que se están realizando no entorno do IES solicitadas polo Centro Escolar e comprometidas por este goberno local, co fin de mellorar o acceso e a seguridade víal do entorno. As obras consisten en barrer o firme para o seu posterior pintado, na colocación de bordillos que delimitan unha senda segura por onde se poderán desprazar os estudantes dende a saída do centro ata a entrada nos autobuses, o pintado e marcado dos carrís, así como a delimitación da zona de aparcamento de turismos, unha rotonda que ordenará o paso dos vehículos, tanto autobuses como turismos, e a delimitación da zona de estacionamento dos autobuses, así como a prohibición de acceso dos vehículos, por seguridade, ao entorno da entrada do centro.
Ademáis colocarase tamén un reductor de velocidade na estrada de acceso ao instituto co fin de minorar a velocidade dos vehículos que se desprazan diariamente por esta estrada, que ademáis de dar acceso ao IES da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte e conta con un nivel considerable de circulación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136