Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Viernes, 27 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Seis globos de papel de seda surcarán o ceo da comarca o domingo

Ás 13:30 horas dende o centro da praza da igrexa procederase ao lanzamento dos Globos de San Miguel

Os tradicionais globos de San Miguel chegarán á praza da igrexa este domingo día 29 ás 13:30 horas. Seis globos realizados de xeito artesán polas traballadoras da biblioteca e da oficina de turismo que contaron co apoio de Liliana Valencia e Enrique González.


Nesta ocasión os globos de San Miguel foron deseñados por Vicky Amoedo e por Enrique González.


Dende o centro da praza da igrexa estes seis globos surcarán o ceo da comarca para transmitir unha tradición que chega cada ano co peche das festas de setembro.


O concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, agradece o intenso traballo realizado por todos e todas na confección destes delicados globos.


Son moitas as xornadas dedicadas a dar forma con papel de seda de cores a estas seis xoias que serán descobertas despois do concerto da Banda de Música Unión de Guláns ás 11 diante do casa do concello.


Ás 19:30 horas a sala multiusos do auditorio municipal acollerá o concerto de folclore arxentino con Casiana Torres. As orquestras porán ritmo á xornada do domingo a partir das 21 horas na praza Bugallal con Orquestra Suavecito e ás 22:30 horas coa orquestra Cinema.


O luns, día festivo, as rúas do centro urbano serán da infancia e a partir das 18 horas haberá animación infantil con Benito e Rufina. Ás 20:30 horas os Festicultores Troupe actuarán nas rúas do centro urbano e ás 22:30 horas pechará as festas a orquestra La Fórmula.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.