Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 29 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán contratará a catro técnicos 
a través do programa 'O teu primeiro emprego' da Deputación

As respectivas titulacións de cada beneficiario permitirán que desenvolvan o seu traballo no departamento de Contratación, a Biblioteca Municipal e Arquivo, Urbanismo ou en Servizos Xerais

A Deputación de Pontevedra ven de comunicar ao Concello de Nigrán a concesión da subvención para a contratación de catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia 'O teu primeiro emprego'. En concreto, e grazas a esta axuda, o Concello de Nigrán solicitará de xeito inmediato á Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona un listado con catro perfís diferentes de candidatos: unha persoa con grado en dereito para o departamento de Contratación; outra diplomada, licenciada ou con  grao en Biblioteconomía e Documentación para a Biblioteca Municipal e Arquivo; unha persoa co Ciclo Superior en Proxectos de Obra Civil ou Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas; e finalmente, unha persoa co Ciclo Superior de administración e finanzas para o departamento de Servizos Xerais. Estas bolsas están dirixidas a mozos da provincia, titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia previa no eido da súa formación.

 

 

 

 

Será a oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona quen realice unha selección de candidatos entre os demandantes inscritos que cumplan coas bases da convocatoria

 

 

 

 

"Como institución pública temos a obriga de dar as maiores facilidades á xuventude para atopar o seu primeiro emprego, dende o Concello debemos axudar a que completen a súa formación académica con experiencia profesional para facilitarlles a futura inserción ao mercado laboral e, sen dúbida, ao mesmo tempo o consistorio tamén se beneficiará da súa presenza", indica o alcalde, Juan González.

 

Estes catro bolseiros desenvolverán o seu traballo cun contrato en prácticas durante 6 meses prorrogables a outros 6 (en función da resolución provincial final) e as retribucións serán as estipuladas nas bases da convocatoria. Entre os requisitos obrigatorios figuran estar inscritos como demandante de emprego ou en mellora de emprego, non ter experiencia laboral previa no eido en cuestión e posuír a titulación esixida para o posto. Será o Servizo Público de emprego quen realice unha primeira selección dos candidatos requiridos dende o Concello de Nigrán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.