MOS
Victoria Alonso lamenta os incientes das Pozas
A portavoz do grupo municipal socialista afirma que "Arévalo prefire traballar para intereses particulares en lugar de apostar pola mellora do Centro de Saúde, os accesos ao polígono da Veigadaña, a mellora do transporte público ou da rede de Internet"
A portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Mos, Victoria Alonso, lamenta nun comunicado de prensa "os incidentes producidos onte no multiusos das Pozas, onde se tiña convocado unha asemblea veciñal para falar do proxecto auspiciado pola Alcaldía para destruír o monte de Tameiga para dar paso a un centro comercial e á Cidade Deportiva do Celta". Alonso engade, que lamentando estes feitos, tamén cómpre pararse a reflexionar sobre a actitude da alcaldesa, quen tratou de impedir o libre acceso do pobo, esixíndolle identificacións a algunhas persoas, mentres se dedicaba a meter aos seus afíns por unha porta traseira. “Se hai unha asemblea veciñal todo o pobo debe entrar pola mesma porta e cos mesmos requisitos”, afirma.
“Asistimos, co beneplácito da alcaldesa, da Xunta de Galicia e do Partido Popular, a un intento de recualificar milleiros de metros cadrados de solo rústico forestal protexido para convertelo en solo urbanizable en beneficio non do Celta de Vigo, senón dun empresario millonario, que é o señor Mouriño: o que se di un auténtico “pelotazo” urbanístico”, explicou.
Alonso engade que os intereses económicos dun empresario están a piques de arrasar unha parroquia “e todo coa complicidade dunha alcaldesa que non para de queixarse de que somos un concello autovía e aeroporto e pretende solucionalo con máis cemento e metendo máis viais de paso para dar servizo a Vigo e non a Mos”.
A portavoz socialista subliña que "a alcaldesa mentiu durante a campaña electoral cando falou de que nunca habería expropiacións, como agora quedou ben claro e como demostran documentos datados hai tempo". “Agora xa non lle custa recoñecer que o Concello de Mos traballa de cara a expropiación de terreos forestais en beneficio dos intereses empresariais”. Lembrou que "de levarse a cabo a obra deste macrocentro comercial haberá repercusións para as augas, pois nos montes de Tameiga hai mananciais de subministro veciñal".
En opinión de Victoria Alonso, a alcaldesa debería estar traballando "na mellora do Centro de Saúde, como lle piden os veciños, ou na mellora dos accesos ao polígono da Veigadaña, como lle piden os empresarios, pero prefire poñerse ao servizo dun empresario con ánimo de lucro".
Ademais, subliñou o feito paradoxal de que a Cidade Deportiva do Celta pasaría a beneficiarse do sistema de transporte de Vigo cando o Concello de Mos leva anos de perfil, sen abordar a problemática do transporte público no municipio, lastrado por graves deficiencias. Engade que tamén chama a atención os investimentos previstos para dotar de Internet de alta velocidade esta zona de monte forestal, cando a meirande parte do municipio goza dun servizo de pésima calidade e carece de fibra óptica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218