GALICIA
A Secretaría Xeral para o Deporte convoca a undécima edición do Programa Xogade
Nesta edición mantense a gratuidade do seguro de accidentes deportivos para os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que será sufragado directamente pola Secretaría Xeral para o Deporte cunha achega de 2 millóns de euros
A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar para o curso 2019/2020 que xunta toda a oferta deportiva e lúdica promovida pola Xunta de Galicia (escolar e federada) co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma. Dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.
Cómpre destacar que na última tempada do Xogade (2018/2019) contabilizáronse un total de 126.614 nenos e nenas mutualizados, o que representa un aumento do 175% con respecto a primeira tempada da que se teñen datos (46.623).
Nesta nova edición contarase coa colaboración de 36 federacións adheridas ao programa e dezaseis modalidades escolares coa estrea nesta tempada do piragüismo
Nesta undécima edición do programa iniciado na tempada 2009/2010 mantense a gratuidade do seguro de accidentes deportivos para os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos –acción que é un dos piares esenciais de actuación de política deportiva para o fomento da actividade física e deportiva entre a poboación– que será sufragado directamente pola Secretaría Xeral para o Deporte. Cómpre sinalar que a Xunta de Galicia dedica neste exercicio 2019 a contía de 2 millóns de euros a este respecto.
Nesta nova edición contarase coa colaboración de 36 federacións adheridas ao programa (atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, béisbol e sófbol, birlos, boxeo, ciclismo, esquí náutico, fútbol, halterofilia, hípica, hóckei, judo e disciplinas asociadas, kickboxing, kung-fu, loita e disciplinas asociadas, motociclismo, natación, orientación, pádel, patinaxe, petanca, piragüismo, remo, rugby, salvamento e socorrismo, squash, surf, taekwondo, tenis, tenis de mesa, tríatlon e péntatlon moderno, voleibol, xadrez e ximnasia). Así tamén destacan as dezaseis modalidades escolares coa estrea nesta tempada do piragüismo (atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, campo a través, dúatlon, fútbol sala, natación, orientación, patinaxe artística, piragüismo, tenis de mesa, voleibol, xadrez, Xogando co atletismo e Multixogo 6-8). Tamén cómpre salientar as actuacións de Coñece o meu club, os Xogos populares e Xogando coa auga e co vento. Xogade segue sendo unha ferramenta para o Proxecto Deportivo de Centro encadrado no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49