Viernes, 13 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Un violento grupo causa un ferido, aplastamentos e ataques de ansiedade nun acto informativo

Un violento grupo de 40 persoas reventaba o acto das Pozas despois de negarse a identificarse ante axentes da Policía Local

Imaxe da rolda de prensa ofrecida hoxe no Concello de MosImaxe da rolda de prensa ofrecida hoxe no Concello de Mos

Dende o Concello de Mos veñen de emitir un comunicado no que lamentan "profundamente os sucesos acaecidos onte, martes, 24 de setembro ás 20.00 horas da tarde que levaron á suspensión do acto informativo sobre o proxecto do Real Club Celta que estaba previsto celebrar no Multiusos das Pozas".

 

[Img #56560]

 

A alcaldesa de Mos reiteraba hoxe a súa condena "polo feito de que non se puidera celebrar este acto democrático e de interese xeral para os veciños de Tameiga. Pero o máis grave, e polo que manifesta a súa máis intensa repulsa e condena, con máis forza se cabe, polos veciños de Mos que teñen resultado feridos como consencuencia dos altercados xerados polos exhaltados que teñen impedido a realización do acto. Como resultado do forcexeo, un veciño de Mos foi agredido cun pao na cabeza, que foi trasladado en ambulancia ao Cunqueiro (onde permaneceu toda a noite en observación); dúas persoas tiveron que ser atendidas con ataques de ansiedade; unha persoa que foi derribada a causa do forcexeo e dúas persoas máis con danos materiais (unha delas con rotura de gafas)".

 

Segundo o informe da Policía Local de Mos os altercados inciáronse "no momento no que os axentes pediron que as persoas que entraban no Multiusos se identificasen para o acceso ao recinto, tal e como é se actúa habitualmente en situación similares e co fin de controlar o aforo. Foi entonces cando un grupo de persoas vestidas con camisetas verdes quixeron entrar sen proceder a súa identificación e comenzaron os forcexeos".

 

O Concello de Mos quere deixar claro que "estes sucesos foron propiciados por 40 persoas (algunhas delas nin siquera censadas no noso municipio) que impediron que os 200 veciños de Mos que se atopaban na entrada do Multiusos puideran entrar a participar dun acto que, repetimos, era de interese xeral e establa plantexado con toda a transparencia para ofrecer información veraz sobre o proceso no se atopa o proxecto do Real Club Celta en Mos así como explicar a mofidicación puntual do Plan Xeral".

 

O Concello de Mos insiste en que este acto correspondía a "un exercicio democrático e de transparencia no que estaba previsto que intervisen a  alcaldesa e técnicos municipais para pórse a disposición dos veciños de Tameiga e resolver todas as súas dúbidas ao respecto".

 

Por último lamentan que finalmente," por causa duns poucos e coa fin de garantir a seguridade dos asistentes, tivera que ser suspendido".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.