Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 30 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Omix da Guarda oferta un Obradoiro de xoguetes antigos e actuais

A partir de hoxe, 30 de setembro, e ata o 21 de outubro a OMIX da Guarda abre o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de xogando en familia: xoguetes antigos e actuais, a través do programa Tecendo lazos da Deputación de Pontevedra.

 

[Img #56605]Este programa ten como principal finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e tempo libre coa intención de poñer en marcha estratexias e oportunidades para crear espazos para o encontro e o intercambio mutuo.

 

Neste caso as persoas participantes compartirán xogos entre as familias, os maiores ensinarán xogos antigos aos pequenos/as e os nenos e nenas terán a ocasión de mostrarlles xogos actuais as persoas maiores.

 

O obradoiro ten unha duración total de 16 horas, das que 4 irán enfocadas ao módulo A historia do meu concello coa intención de procurar información sobre o noso municipio, con esta información realizarase un proxecto que poderá ser premiado como mellor traballo de entre todos os que se presenten na provincia.

 

Poderán inscribirse persoas de 6 a 99 anos de idade tendo preferencia as persoas que formen parte da mesma familia. Os nenos e nenas de menos de 12 anos terán que acudir sempre cunha persoa adulta e a partir dos 12 anos e ata os 17 poderá acudir sós sempre que presenten autorización para participar.

 

Os días nos que desenvolveremos o obradoiro serán os martes e xoves de 18:00 a 20:00 horas a partir do 12 de novembro e ata o 5 de decembro.

 

Para máis información e para as inscricións as persoas interesadas poderán dirixirse á OMIX da Guarda  ou remitir un mail a informacion@aguarda.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.