Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 27 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A Directora Xeral de Administración Local da Xunta visita a AAVV de Dornelas

A Directora estivo acompañada por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Roberto Jorge, Presidente da Asociación de veciños de Dornelas e demais membros da Xunta Directiva de dita entidade.

 

Nesta visita a Directora mostrou interés por coñecer as ultimas obras no local e felicituo á directiva polos avances acontecidos nos últimos meses, comprometéndose en que a xunta seguirá a traballar da man cos colectivos veciñais, máis ainda en parroquias como Dornelas que non contan actualmente con un espacio adecuado para poder levar a cabo diferentes actividades que demandan os veciños.

 

A Asociación de Veciños de Dornelas ven de recibir estes anos atrás diferentes subvencións para a mellora do local social consistente en traballos de optimización das paredes, chan, falso teito, instalación eléctrica e fontanería. Así como adaptación do cuarto de baño de homes para o uso de persoas incapacitadas, instalación de barandilla de aceiro inoxidable na subida das escaleiras e movemento de todas as ventás cara ao interior para logo recercalas en pedra e aluminio.

 

Mediante anteriores convocatorias de diferentes liñas de axudas da Xunta de Galicia apoia ás diferentes asociacións de Mos que recibiron subvencións destinadas o mantemento e obras nos seus locais.  Así no ano 2016, a xunta destinou un importe de 103.000 € para oito asociacions do municipio; no ano 2017, a xunta destinou un importe de 68.000 € para sete asociacions;  no ano 2018, foi un importe total de 117.500 € para dez asociacions; e neste actual ano 2019 de momento foron duas as asociacións que xa recibiron un total de 30.000 €

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.