GALICIA
A Xunta achegará 3,6 m€ adicionais ás entidades de discapacidade
Lamenta que "o Goberno central non fixera ningún xesto para axudar ás entidades a afrontar a subida do salario mínimo interprofesional, e di que sen esta axuda se perderían 400 traballos e 600 prazas públicas de atención á discapacidade"
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello, que a Xunta achegará 3,6 millóns de euros adicionais ás entidades de discapacidade galegas para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento, despois de que o Goberno central aprobara a subida do salario mínimo interprofesional sen facer ningún xesto para axudar ás entidades a afrontar o incremento do gasto, que deixou a moitas delas, dixo, “ao borde da creba”.
Nesta mesma liña, o titular do Goberno galego salientou que a medida do Goberno central implicou un gran incremento nos fondos que deben pagar estas entidades cada mes en concepto de nóminas.
O presidente da Xunta incidiu en que se o Goberno autonómico non aprobara este rescate, as entidades veríanse obrigadas a despedir a 400 traballadores e estarían en risco de desaparecer 600 prazas públicas de atención á discapacidade.
Entidades beneficiarias
Feijóo concretou tamén que está previsto que estas federacións comecen a recibir o pagamento nas súas contas bancarias a partir do día de hoxe, co obxectivo de que se lle poida trasladar canto antes aos traballadores en forma de suba salarial, con efectos retroactivos do 1 de xaneiro.
Para concluír, lembrou que as principais federacións de entidades de discapacidade de Galicia que teñen prazas públicas concertadas son Fademga, de discapacidade intelectual; Autismo Galicia; Aspace, de parálise cerebral; Cogami; Down Galicia; a Federación Galega de Dano Cerebral; e a Federación de Enfermidade Mental de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49