Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 01 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro promove o concurso “A Química na vida cotiá” para concienciar da repercusión da ciencia

Esta iniciativa está dirixida a escolares de calquera localidade de España, divididos en tres categorías pola súa idade, dende os 6 aos 11 anos

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra colabora co concurso escolar de debuxo “A Química na vida cotiá”, unha iniciativa para concienciar ao alumnado sobre a importancia e a repercusión desta ciencia na súa vida cotiá e na sociedade en xeral. Este certame, convocado pola Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, está dirixido a escolares de calquera localidade de España, divididos en tres categorías pola súa idade: de 6 a 7 anos, de 8 a 9 anos, e de 10 a 11 anos, e forma parte das actividades da Semana da Ciencia 2019.

 

En concreto, o alumnado participante deberá facer un debuxo relacionado coa temática “A química na vida cotiá” nunha cartolina branca formato DIN A4 e acompañalo cunha frase explicativa ou slogan. Amais, só se admitirá un único debuxo por persoa e a técnica utilizada será totalmente libre (acuarelas, ceras témperas, etc). Para participar será necesario escribir na parte posterior da cartolina os seguintes datos: nome, apelidos, idade, centro escolar e datos familiares de contacto (teléfono, dirección, correo-e). O prazo de presentación das obras finalizará o día 8 de novembro deste ano e os debuxos presentaranse, preferentemente, a través dos centros escolares, que limitarán a un máximo de dez os debuxos presentados en cada categoría de idade.

 

Os traballos deberán enviarse, ou presentarse, ao Liceo Casino de Pontevedra (rúa Manuel Quiroga 21, 36002 Pontevedra), en sobre pechado e sinalando a referencia ao Concurso Escolar de Debuxo “A química na vida cotiá” e, posteriormente, serán expostos na citada entidade do 18 ao 22 de novembro. O xurado, formado por representantes das institucións participantes, así como por un docente da área de Ciencias e un artista plástico, escollerá entre os traballos presentados dez debuxos finalistas en cada categoría. E, entre eles, adxudicaranse un primeiro e segundo premio en cada una de elas (100 e 50 euros en material de debuxo ou librería respectivamente), así como un premio especial para os concursantes dos concellos de Pontevedra, Marín e Poio, tamén en cada categoría (de 150 euros en material). Ademais, os centros dos escolares agasallados recibirán un diploma acreditativo.


A lista dos finalistas e premiados, así como a entrega dos galardóns, farase no Liceo Casino o día 22 de novembro, a partires das 19.30 horas, nun acto que se celebrará co gallo da Semana da Ciencia 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.