DEPORTES
Nova convocatoria das axudas a entidades deportivas para equipamentos
No primeiro caso, as concesións suman un total de 600.665,67 euros -80% do solicitado- e sendo beneficiarias un total de trece federacións deportivas e 28 clubs deportivos
A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as resolucións polas que se fan públicas as subvencións definitivas a entidades deportivas para a adquisición de equipamentos deportivos, por unha banda, e se procede a unha segunda convocatoria, pola outra.
No primeiro caso, as concesións para adquisición de equipamentos deportivos suman un total de 600.665,67 euros -80% do solicitado- e sendo beneficiarias un total de trece federacións deportivas e 28 clubs deportivos. Entre os equipamentos subvencionados inclúense, embarcacións, bicicletas, rodillos, tatami ou tapiz, xavelinas, discos, pesos, pértegas, cascos, petos electrónicos, barras, discos, material de ximnasio, trampolín, ergómetro, bádminton (redes e postes), cama elástica, furgoneta, remolque, marcadores, portátiles e sistemas de cronometraxe.
No segundo caso, apróbase unha segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos por un importe de 1.916.089,69 euros. Cómpre salientar que para esta convocatoria non será necesaria a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes cuxa solicitude fose desestimada en base á non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria.
Entre as dúas convocatorias, as entidades deportivas de Galicia optarán a equipamentos deportivos por importe de 2.519.789 euros. En 2018 o importe das convocatorias acadou os 500.000 euros (aínda que foron concedidos 400.000 euros), polo que neste ano 2019 rexistrouse un incremento de máis do 400%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163