NIGRÁN
O goberno de Nigrán escoita as propostas dos cativos no día de Folga Mundial polo Clima
Estudantes de 4º de Primaria inspirados por Greta Thundberg transmitiron no salón de plenos as posibles acción locais para preservar a natureza
O goberno de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao fronte e catro dos seus ediles, recibiu esta semana no salón de plenos do Concello a alumnos do CEIP Humberto Juanes que se sumaron hoxe á Folga Mundial polo Clima. Inspirados polo exemplo de Greta Thunberg, os estudantes de 4º de Primaria, acompañados polo seu profesorado, transmitíronlle ao rexedor e concelleiros as posibles accións locais para frear o cambio climático, entre elas: reducción de consumo de auga e papel, campañas de concienciación ambiental, prevención de incendios... Divididos en pequenos grupos, cada un deles presentou unha medida acompañada cun panel ilustrado que reflexaba a mesma.
Os 48 estudantes tamén enviaron esta mañá cadansúa carta certificada a Pedro Sánchez para pedirlle accións ao respecto
"Tomamos nota de todo o que nos propoñedes porque nas nosas mans está o futuro de todos. Dende o Concello podemos moitas máis cousas que nos estades a pedir, pero tamén compre salientar que Nigrán é un exemplo en moitos aspectos: temos a única electroliñeira pública de Galicia, rebaixamos os impostos dos vehículos eléctricos, levamos adiante exitosas campañas de concienciación como #SanXoanSenLixo, crearemos o primeiro parque forestal da comarca, instalamos recolle-cabichas nas praias...", sinalou o rexedor, quen incidiu en que no pleno deste luns o goberno leva unha proposta na que se recoñece o estado de emerxencia climática con medidas concretas ao respecto. Ao mesmo tempo, González invitou aos estudantes a participar coas súas familias nas limpezas previstas para esta fin de semana dende o Concello de Nigrán (o sábado na praia de Patos e o domingo no esteiro de A Foz dentro do proxecto de Adega 'Móllate polos ríos').
Paralelamente, os 48 alumnos de 4º de primaria enviaron cadansúa carta certificada á Moncloa para que directamente o presidente en funcións Pedro Sánchez as lea, as misivas conteñen peticións de compromisos medioambientais que atañen directamente aos vindeiros políticos ao fronte do goberno de España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217