GALICIA
Galicia sitúase como referente internacional no sector do "contract"
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca na apertura da IX Semana Internacional Contract que máis dun cento de empresas galegas do ámbito do equipamento de edificios traballan en máis de cen países
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou na apertura da IX Semana Internacional Contract que Galicia se sitúa como referente internacional no ámbito do equipamento de edificios de uso colectivo, con máis de 9000 proxectos realizados en 800 cidades de todo o mundo que levan a firma do contract galego. Conde sinalou que forman parte do sector máis dun cento de empresas galegas que desenvolven a súa actividade en máis de cen países, facturando algunhas delas o 95% da súa produción fóra da Comunidade.
Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos. Na súa intervención, o conselleiro sinalou que esta internacionalización do sector galego é posible grazas a factores como a puntualidade dos seus procesos, a coordinación e a cooperación entre as diferentes empresas, e a aposta clara pola sustentabilidade.
Subliña que esta internacionalización é posible grazas a factores como a puntualidade dos seus procesos, a coordinación e a cooperación entre as diferentes compañías, e a aposta clara pola sustentabilidade
Sinalou que a competitividade pasa pola innovación, a través da busca de novos deseños, e pola incorporación de novos materiais. Destacou ademais que cómpre contar cos mellores profesionais. Para iso, a Xunta lanza unha nova edición das Unidades Formativas en Empresas, unha iniciativa pioneira coa que se poñerán en marcha 500 cursos nos que se formarán 4500 persoas ocupadas e desempregadas.
Hoxe mesmo publícase no DOG a convocatoria de Unidades Formativas para ocupados, dotada con 5 millóns de euros e aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 30 de outubro, e aínda segue aberta a convocatoria para desempregados. O conselleiro aproveitou para chamar á participación das empresas, que, a través destes programas, poden acceder a unha formación á carta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49