GALICIA
A Xunta entrega tres motos acuáticas para atender emerxencias en zonas de costa
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou hoxe en Ribeira tres motos acuáticas para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou hoxe en Ribeira tres motos acuáticas con remolques que permitirán aos servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate. Desta vólta, os concellos de Ribeira, Arteixo e A Guarda recibirán cadansúa moto acuática que súmanse ás seis concedidas xa o ano pasado aos concellos de Ortigueira, Cervo, Sanxenxo, Muros, Ponteceso e á Mancomunidade do Val Miñor.
Segundo indicou Alfonso Rueda, este equipamento de rescate e salvamento acuático en zonas de costa servirá de complemento aos medios de rescate dos que dispoñen Salvamento Marítimo e Gardacostas. Ademais, trátase de embarcacións de gran efectividade para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos.
O Goberno galego deu comezo con estas entregas o pasado ano, no que os concellos de Ortigueira, Cervo, Sanxenxo, Muros, Ponteceso e á Mancomunidade do Val Miñor recibiron sendas motos acuáticas
O vicepresidente da Xunta destacou o importante labor que leva a cabo cada día o persoal de emerxencias para velar pola seguridade da cidadanía e, por iso, incidiu en que as administracións deben corresponder a ese compromiso e entrega garantindo que o material do que dispoñan sexa o axeitado para realizar o seu traballo nas mellores condicións.
A entrega de hoxe da continuidade á folla de ruta iniciada para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES). O Goberno galego tamén mantén a aposta pola formación actualizada no eido das emerxencias que se imparte de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49